
Concurso de Humor Gráfico "Curuxa do Humor 2025"
O Concello de Fene convoca a 29ª edición de concurso de humor gráfico “Curuxa do Humor”.
Categorías:
. Na categoría CURUXA, calquera persoa maior de 25 anos residente no Estado español.
. Na categoría CURUXA-NOVA, calquera persoa de 16 a 25 anos residente no Estado español.
. Na categoría CARICATURA, calquera persoa maior de 16 anos residente no Estado español.
O prazo de presentación estará aberto até as 23:59 h do día 31 de maio de 2025.
As obras presentadas serán de temática libre. Humor gráfico nas súas modalidades de viñeta, tira ou cómic (máximo 1 páxina) ou caricatura (no caso de debuxos presentados a
esta categoría).
Os traballos deberán estar redactados en galego ou en calquera das linguas oficiais do Estado (castelán, catalán, euskera) aínda que, neste caso, o/a autor/a deberá achegar xunto coa documentación requirida nas Bases, a tradución ao galego do texto do debuxo.
Admítense traballos de humor mudo.
Os/as participantes poderán presentar un só debuxo.
Premios
- Categoría CURUXA (maiores de 25 anos)
1º Premio, dotado con 2000 euros e diploma.
2º Premio, dotado con 1000 euros e diploma.
- Categoría CURUXA-NOVA (de 16 a 25 anos)
1º Premio, dotado con 500 euros e diploma.
- Categoría CARICATURA (maiores de 16 anos)
1º Premio, dotado con 1500 euros e diploma.
Máis información: Museo do Humor de Fene
Comments