Skip to main content
Umbralejo

Programa "Recuperación e utilización educativa de vilas abandonadas"

O Ministerio de Educación convoca o programa "Recuperación e utilización educativa de vilas abandonadas" de Granadilla (Cáceres), en Búbal (Huesca) e Umbralejo (Guadalaxara).

Quen pode participar?Umbralejo
Alumnado que curse:
- 3º e 4º de ESO
- Formación Profesional Básica
En calquera caso, a idade máxima para a participación será de 17 anos cumpridos no ano da convocatoria.

Convocanse axudas para un máximo de 500 alumnos/as para a participación no programa nacional "Recuperación e utilización educativa de pobos abandonados". A duración será de sete días, de domingo pola tarde a sábado pola mañá, nos meses de verán.

Dotación
Participación gratuíta na actividade, atenderanse os gastos de desenvolvemento do programa incluído o seguro de accidentes e responsabilidade civil para o alumnado e persoal organizador, así como o transporte en autobús de ida e volta desde a estación de ferrocarril ou autobuses de cada localidade.
O traslado dos participantes desde o lugar de residencia ata o punto de recollida establecido, e viceversa, non está incluído nas axudas e correrá a cargo dos interesados.

O prazo de presentación de solicitudes comezará ás 09:00 horas do día 24 de marzo de 2025 e finalizará ás 12:00 horas do mediodía, hora peninsular española, do día 8 de abril de 2025.

Máis información no BOE do 18 de marzo de 2025 e en https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatorias/820540

Comments