Skip to main content

Lingua de Namorar: Mensaxes da categoría A

1 . Amor estrelado

 

As miñas bágoas recorren o teu corpo

e acaricias a miña ialma cos teus beizos

como eu sinto chover nestes versos

en que declaro o amor nunha noita estrelada.

 

2. En ti

 

Sinto en ti

a ría suspirar

e o vento sacudirse.

Sinto en ti

as cores da paz,

a beleza da guerra.

Toco a túa pel

como as cordas dunha guitarra

que me levan ao edén.

Oxalá bicarte outra vez,

acariñar as túas páxinas,

enredarme no teu ser.

 

3. Adrip

 

Esa loira vólveme tolo.

 

4. Adrip2

 

Esas dúas loiras vólvenme tolo.

 

5. Samuel Varela

 

Ay Varela, Varela,

cada vez que te vexo,

as miñas pernas temblan,

se me molla o tanga

e se me cae no mediob da favela.

 

6. Don pollo

 

Linganguliguliwachalingangulingangulingaguliguliwachalingangulingangu un video ma miña xente para perder o tempo wazaaaaaaa

 

7. amor propio

 

me gusta anxo

 

 

 

 

8. amor a anxo

 

prefierro a anxo que a ruben

 

9. skibidi sigma love

 

a miña profesora de oratoria é unha profesora moi guapa e moi intelixente, ensinanos moi ben e aprendemos moito de ela

 

10. Amor infinito

 

Eu quérote infinito, ao que queiras eu che invito, parécesme moi bonito e quero que quede aquí escrito.

 

11. Xa non te quero

 

Antano eras o meu namorado pero iso xa é pasado, agora pareces un tipo moi estirado.

 

12. Ollos azuis

 

Non é un cor o que recordo ao velos, senón, o mar, o ceo. Pola noite non son oscuridade, son como vagalumes que ilumínanse ante os meus ollos. Ás veces desprenden frialdade, pero a tenrura das palabras cálmanme.

 

13. Aburrimento

 

Cando estou aburrido entretéñome coas túas palabras, na túa mirada, nos teus beizos. Coa túa presenza, as horas pasan e o meu aburrimento desaparece.

 

14. quere a miña verdade

 

Dis que me queres,

pero non me coñeces,

 

Dis que me coñeces,

pero non sabes quen son,

 

Non sabes quen son porque non cho digo,

 

Non cho digo porque penso que cando saibas quen son non me querrás máis,

porque non son coma ti pensas, nunca o serei, son a miña propia verdade e non a cambiarei.

 

15. corazon roto

 

Eu te vin alí, en todo o teu esplendor bicando a outro con paixón, dicíasme que non é o que parece pero os meus ollos non minten e está claro que ti si

 

16. Poema

 

Camiñou pola estrada a paso ameno,

Sorriso na cara e corazón batendo no peito,

Achegouse a ela, que colocaba un mechón de pelo

detrás da orella e susurrou un bonito: Te quero.

 

 

17. Cosquilleo

 

Cando te miro fáltame a respiración e as palabras non saen da miña boca. Sinto un remolino que esténdese for todo o corpo coma un cosquilleo. A vida é máis brillante e alegre cando ti estás alí. Porque aínda qiue non me queras como eu quérote, espero que a mires como eu mírote a ti.

 

 

18. Para o meu examor

 

Aunque as cousas entre nos non remataron bien, quería decirte que a pesar de todo o que pasou, espero que a outra persoa q te faga igual de feliz q te fixen. As veces as personas non encajan, e non é un problema como para non seguir tendo una relación de amistade.

 

19. Trátase de Querer

 

Estás presente naquelas cousas que soño, que vexo e que sinto.

 

Es as mans que me axudan a sanar as feridas e os brazos nos que celebro e nos que me lamento.

 

Tes o poder de ser o meu mellor amigo, o meu fogar e o meu orgullo.

 

Es o compañeiro co que formo o equipo máis poderoso.

 

Non se trata de medias laranxas, nin de obsesións, trátase de querer

 

 

20. Quen hai cando non hai ninguén?

 

Quen está cando non hai ninguén?

 

Quen sabe cal e a túa flor favorita?

 

Quen está cando choras de noite ás agachadas?

 

Aquel ou aquela que hai cando non hai ninguén. Ti. Non hai mais que iso.

 

Coida primeiro de ti.

 

Mira primeiro por ti.

 

Ámate primeiro a ti.

 

 

Así cando non haia ninguén sempre estarás ti. Ti es o único que estará contigo toda a vida.

 

21. Desde e ata

 

Ámote

 

Desde a túa ledicia máis ditosa ata a túa tristura máis fonda

 

Ámote

 

Desde o teu ser máis externo ata o teu segredo máis ínitmo

 

Ámote

 

Desde o fondo do teu corazón ata as polpas dos teus dedos

 

Ámote

 

Desde que te coñezo ata que morra

 

E ámote

 

Desde as miñas palabras ata as miñas accións

 

 

22. Primeira vez

 

Eu non che penso mil veces ao día

 

Porque desde a primeira vez que che pensei non saíches da miña cabeza

 

Pero aínda espero por volverche a ver

 

Para sentir a primeira vez que namoreime de ti

 

 

23. Querido?

 

Querido??

 

Isto é unha carta de amor pero ten que ser secreta xa que o noso amor non pode ser descuberto, gústasme moito dende que te coñezo.

 

Parécesme moi amable, cariñoso e moi boa persoa, preocúpaste moito polos demais. Non te coñezo dende hai moito pero gustarasme para sempre.

 

24. Cando em miras

 

Cando me miras ruborízome, paréceme imposible conter ese sentimento por ti. Tan só con mirarme xa non sei que facer nin onde meterme.

 

O resplandor que se desprende da túa figura é único , propio dunha deusa grega. Eu tan só son un rapaz que pasa desapercibido e inexistente para ti.

 

25. Quixera

 

O sol bícame a pel mentres a auga me envolve nun abrazo frío e fugaz. Son lume e sal, ardor e calma, un intre perfecto entre dous mundos opostos.

 

Quixera quedar así para sempre, suspendido entre a calor que queima e a frescura que acouga, perdido na eternidade dun verán sen fin

 

26. A miña inapiración

 

Se ser a túa filla é coma unha carreira olímpica, levaría o ouro por cantas veces dixen "Maaamá!". Pero en serio, es a miña superheroe e a miña mellor amiga, e non hai ninguén neste mundo a quen prefira roubar o último anaco de chocolate da despensa. Grazas por ser sempre a miña guía, o meu refuxio e a miña inspiración.

 

27. Un amor eterno

 

Dende que chegaches a miña vida, todo cambiou a mellor. Ti es a persoa que enche os meus días de alegría, as miñas noites de soños e o meu corazón de amor. Ao teu carón, descubrín un mundo novo, cheo de posibilidades e momentos inesquecibles. Es miña razón de ser e a miña maior felicidade. Quérote de todo corazón, hoxe e sempre.

 

28. Es a miña estrela

 

Cando te vexo, o mundo para,

 

e todo cobra sentido.

 

Es a luz que guía os meus días,

 

o sorriso que ilumina a miña alma.

 

Amarte é o maior pracer,

 

o soño do que nunca quero espertar.

 

Contigo, o meu corazón atopa paz e ledicia.

 

Es o meu sempre,

 

AMOR,

 

a miña estrela infinita.

 

29. Pensando en ti

 

Quero que saibas que cada pensamento, cada sorriso, cada mirada, levan o teu nome. No meu corazón hai un espazo só para ti, un espazo que se enche de soños cando penso en ti. Aínda que o meu amor sexa secreto, sempre estarás na miña alma.

 

30. Quererse ben

 

O amor verdadeiro non morre coa ausencia, nin cando non hai mans ás que acariciar,nin beizos aos que bicar,nin palabras que pronunciar. O amor verdadeiro transfórmase en lembranzas, memorias, anécdotas…

 

Por que ó final o amor é iso,é seguir agardando por alguén que xa non vai voltar e querendo como o primeiro día a quen xa non está.

 

 

 

Vota as túas mensaxes favoritas  

Comments