
Premio de fotografía Jalón Ángel
O Arquivo Fotográfico Jalón Angel organiza o XI Premio Internacional de Fotografía.
Poderá participar calquera autor (español ou estranxeiro) maior de idade cunha fotografía orixinal. Cada autor/a poderá presentar un máximo dunha fotografía por categoría.
Os traballos deberán pertencer a algún dos seguintes xéneros:
1. Retrato: espontáneo ou pousado, o protagonista da imaxe pode ser unha soa persoa ou varias (retrato de grupo).
2. Viaxes: fotografías que mostren as particularidades culturais e as tradicións dun país (inclúe paisaxes urbanas ou naturais, pero non se centrarán na figura humana como elemento único ou principal).
3. Sociedade inclusiva: Fotografías que mostren a diversidade, a integración e a participación activa na sociedade de todas as persoas en igualdade de condicións, independentemente das súas capacidades, orixe, xénero, idade ou calquera outra condición.
As obras a concurso cumprirán as seguintes características:
a. Poderase realizar por calquera procedemento fotográfico, pero non se poderá usar Intelixencia Artificial en todo ou en parte da imaxe.
b. Enviarase en formato dixital. É necesario que a fotografía orixinal teña os seguintes requisitos: formato .jpg, 300 píxeles por polgada e 50 cms no seu lado logo.
c. Poderán ser en branco e negro ou en cor.
d. O retoque tanto químico como dixital será mínimo (iluminación, contraste, balance de cor) e non desvirtuará a toma orixinal. Se non se cumpre este requisito dita fotografía quedará descartada para o premio.
e. Non se admiten colaxes, montaxes, engadidos á imaxe, ou eliminacións de partes da toma.
As fotografías non terán ningún elemento (firma, logo, iniciais, marcos, gráficos…) que poidan servir para identificar o autor da imaxe.
Para participar deberase acceder a través da seguinte ligazón http://www.jalonangel.com/premio/ e completar a ficha correspondente.
A data límite para a recepción das obras será o domingo 26 de maio de 2025 ata as 17.59 horas.
Premios:
Categoría Retrato: 1.500 euros, trofeo e diploma.
Categoría de Viaxes: 1.500 euros, trofeo e diploma.
Categoría de Sociedade Inclusiva: 1.500 euros, trofeo e diploma.
As persoas gañadoras dos premios, así como a data do acto oficial de entrega destes, daranse a coñecer o día 27 de xuño de 2025 a través da web do Arquivo Jalón Angel e das súas redes sociais.
Comments