
Ciberseguridade, os teus primeiros pasos
A Axencia para a Modernización tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) inicia un ciclo formativo sobre ciberseguridade que se desenvolverá nas aulas CeMIT de 21 concellos de Galicia.
O obxectivo desta iniciativa é sensibilizar á cidadanía e, especialmente, ás persoas maiores, da importancia da formación en ámbitos como protección de credenciais, navegación segura, seguridade nos dispositivos e, en definitiva, no uso da tecnoloxía no día a día.
As sesións formativas estenderanse ata o mes de maio, baixo o lema Ciberseguridade, os teus primeiros pasos e desenvolveranse de xeito presencial.
O prazo de inscrición xa está aberto e pode realizarse a través da páxina web da Rede CeMIT ou de xeito presencial nas aulas de Abegondo, A Caniza, A Bola, Brión, Catoria, Celanova, Cuntis, A Fonsagrada, Eirís (A Coruña), Fisterra, Guitiriz, Leiro, O Porriño, Ortigueira, O Vicedo, Pontevedra, Ribeira, San Sadurniño, Valga, Vigo, Vimianzo.
Todas as xornadas terán un compoñente eminentemente práctico e contarán cunha duración de dúas horas.
Comments