
Premios Santander X - Proxectos emprendedores
Premios Santander X - Proxectos emprendedores
Descrición
O obxectivo do programa é recoñecer e potenciar a nivel nacional iniciativas emprendedoras xurdidas na Universidade de Vigo.
A Universidade de Vigo concederá tres premios que consistirán:
• Nunha achega económica para o desenvolvemento da solución emprendedora de 2.000 € que será aboada á persoa solicitante.
• Acceso directo ao premio nacional "Santander X Spain Award | University 2025".
• Difusión dos proxectos gañadores nas redes sociais e webs do Grupo Santander.
Requisitos:
Para solicitar o premio é preciso cumprir os seguintes requisitos:
a) Un membro do equipo debe estar matriculado ou recén titulado (cunha antigüidade máxima de cinco anos desde o momento da súa graduación) de grao, máster universitario ou doutoramento na Universidade de Vigo.
b) O/a estudante ou recén titulado/a debe ter residencia legal en España.
c) Tamén poderán formar parte do equipo persoas que teñan a condición de profesorado universitario, persoal investigador predoctoral ou posdoutoral, empregado/a ou persoal funcionario da Universidade de Vigo ou que teñan participado nalgún programa de emprendemento promovido pola Universidade de Vigo.
Requisitos dos proxectos solicitantes:
• Proxectos emprendedores en fase de validación para o seu lanzamento no mercado con potencial de disrupción e altamente escalables que dispoñan dun MVP (Produto Mínimo Viable) ou estar constituídos legalmente como empresa que non tiveran facturación nin fixeran un levantamento de capital.
• Proxectos emprendedores que teñan un prototipo conceptual que permita a valdación da solución con potenciais clientes
• Proxectos emprendedores enfocados no desenvolvemento e/ou fabricación de novos bens ou servizos para o mercado, utilizando coñecementos científicos ou tecnolóxicos de vangarda.
• Proxectos emprendedores innovadores baseados en nova tecnoloxía factible e crible, nova aplicación tecnolóxica, novo modelo de negocio ou un novo proceso. A madurez da tecnoloxía será referenciada xunto con calquera patente ou estratexia de IP asociada á solución.
Documentacion:
O estudante ou recén titulado deberá :
Inscribirse na plataforma Santander X na convocatoria Modalidad A: Proxectos de Emprendemento
Presentar na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal ), a través da instancia xenérica (SXER), unha solicitude, poñendo no asunto “Premios SANTANDER X SPAIN AWARD 2025 – Proxecto emprendedor”.
Xunto coa solicitude deberá presentar a declaración responsable de cumprimento de requisitos do proxecto (Anexo II).
Datos da conta bancaria da persoa solicitante da que debe ser titular na que se ingresará a achega económica.
Observacións:
O prazo de presentación das solicitudes finaliza o 22 de abril de 2025 ás 23:59 horas.
Organismo convocante:
Universidade de Vigo
Código 2024_2025 Santander X - Proyectos Emprendedores
Enderezo formulario para solicitude online:
https://app.santanderx.com/calls/santander-x-award-proyectos-emprendedores-universitarios-2025
Comments