Skip to main content
composicion

Premio de composición musical "Andrés Gaos"

A Deputación da Coruña convoca o XVI Premio de composición musical "Andrés Gaos"

Modalidades:
Modalidade Orquestra: Formato de orquestra, cunha dotación de 6.500 €
- Modalidade Ensemble: Formato de cámara, cunha dotación de 6.500 €

Unicamente poderase presentar unha obra por participante. A presentación da obra proposta, realizarase preferentemente en formato dixital por medio dun
USB/CD. No caso de optar pola presentación en papel, os orixinais enviaranse por duplicado, en exemplares separados, en tamaño DIN A3, polas dúas caras, numerados, grampados ou encadernados.
As obras serán de tema e extensión libres, cunha duración recomendada para cada obra de entre 10 e 20 minutos.

O prazo de presentación das obras estará aberto ata o 30 de maio de 2025

Máis información no BOP da Coruña do 4 de abril de 2025 e en https://www.dacoruna.gal/cultura/premios/

Comments