Skip to main content
INJUVE

Axudas do INJUVE para a Creación Nova

O Instituto da Xuventude, Injuve, convoca as axudas para a Creación Nova, cuxa finalidade é fomentar a actividade creadora e investigadora dos mozos e mozas, facilitar a promoción e a difusión das súas creacións, á vez que propiciar a súa incorporación ao ámbito profesional, mediante a axuda a proxectos a desenvolver.

As axudas terán as seguintes liñas de actuación:
a) Investigación.
b) Produción de obra.
b) Mobilidade de obra producida e/o creadoras/es.
d) Comisariado da Sala Amadís do Instituto da Mocidade.
e) Emprendemento para a creación emerxente.

Requisitos das persoas beneficiarias:
Persoas maiores de idade, de nacionalidade española e todas aquelas con residencia legal en España, que non superen os 30 anos de idade, nos supostos de Investigación, Produción de obra, Mobilidade e Comisariado para a Sala Amadís, ou os 35 anos no suposto de Emprendemento para a Creación Emerxente.

A contía individualizada das axudas será de:
3.000 € para os proxectos de investigación
5.000 € para os proxectos de produción de obra e de mobilidade de obra ou creadoras/es
7.000 € para os proxectos de comisariado da Sala Amadís
10.000 € para os proxectos de emprendemento para a creación emerxente e, con independencia do custo total estimado do proxecto para desenvolver.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 8 de maio de 2025
Máis información no BOE do 8 de abril de 2025 e en www.injuve.es

Comments