Skip to main content
XOAN DIAZ

Certame Literario Xoán Díaz

O Concello de Cambre convoca a XXXI Edición do Certame Literario Xoán Díaz

Poderá participar neste certame calquera moza/o de idade comprendida entre os 12 e os 30 anos cumpridos antes da data límite de presentación das propostas, segundo as seguintes categorías:
Categoría A: de 12 a 14 anos
Categoría B: de 15 a 18 anos
Categoría C: de 19 a 30 anos

Cada participante poderá presentar unha proposta a calquera das tres modalidades: 
- Poesía: presentaranse tres poemas como mínimo, de tema e forma libres.
- Narración breve: a extensión máxima será de cinco páxinas por unha soa cara e o tema libre.
- Microteatro: a extensión será de entre 5 e 10 páxinas, a unha soa cara, con tema libre. 

Os traballos estarán escritos en lingua galega e deberán ser orixinais, inéditos e non premiados. 
Deberán estar escritos con ordenador, en tamaño A4, espazamento entre liñas simple e tamaño de letra 12; paxinados e sen asinar. 
Os traballos presentaranse a través de rexistro electrónico (sede.cambre.es).
Na solicitude indicarase que vai dirixida ao servizo de bibliotecas, a fin de participar no certame literario e no texto figurarán o pseudónimo, título da obra e categoría. achegaranse de maneira anexa tres arquivos pdf. o primeiro deles coa ficha de inscrición da persoa concursante cuberta; no segundo arquivo achegarase o dni e, finalmente, no terceiro, o traballo que levará o pseudónimo e o título da obra. 

Premios:
Categoría A: 1º Premio: 173 €, 2º Premio: 128 €
Categoría B: 1º Premio: 218 €, 2º Premio: 150 €
Categoría C: 1º Premio: 300 €, 2º Premio: 173 €

O prazo de entrega estará aberto ata o día 30 de abril de 2025.

Máis información no BOP da Coruña do 8 de abril de 2025

Comments