Skip to main content
concurso

Concurso de Curtametraxes relacionadas coa doazón e transplantes

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), en colaboración coa Consellería de Educación, Formación Profesional e Universidades, convoca un concurso de curtametraxes para o curso escolar 2024/25 dirixido ao alumnado de centros educativos de Galicia e ca temática sexa a doazón e os transplantes de órganos e tecidos.

Os/as estudantes poderán participar, individualmente ou en grupos, cun máximo de cinco autores.
Só se poderán presentar traballos que fosen realizados baixo a supervisión dun profesor/a do centro.
O contido das curtametraxes tratará sobre transplantes e doazón de órganos e tecidos e terá unha duración máxima de 2 minutos.
Aceptaranse obras mudas ou sonoras, sempre que os textos e diálogos estean subtitulados en galego estándar.
A técnica será libre e poderase gravar con calquera dispositivo, incluídos os móbiles.
Presentarase unha copia en máxima calidade.

Prazo de inscricións ata o 30 de abril de 2025.

Requisitos:
Poderán participar alumnado de 4º de ESO, bacharelato, ciclos formativos de grao básico, medio e superior e ensinos artísticos regrados de todos os centros educativos, tanto sostidos con fondos públicos como privados, de Galicia.

1º premio:
- 1.000 euros para o centro docente, para a adquisición de material escolar.
- Vale agasallo de 1.000 euros para estudantes, que se repartirá entre o número de participantes.
- 1 tableta para o/a docente que supervisou o traballo
2º premio:
- 750 euros para o centro docente, para a adquisición de material escolar.
- Vale agasallo por valor de 750 euros para estudantes, que se repartirá entre o número de participantes.
- 1 tableta para o/a docente que supervisou o traballo

Máis información: Servizo Galego de Saúde

 

 

Comments