Skip to main content
cantareiras

Se canto é porque quero

A Real Academia Galega estreou no seu portal e na súa canle de Youtube Se canto é porque quero, a serie documental das Letras Galegas 2025. 

Esta proposta de tres capítulos "tece un mosaico de testemuños e olladas que van retratando o mundo das cantareiras e da poesía popular oral, protagonistas da gran festa do vindeiro 17 de maio".

Cada episodio parte dunha das tres personalidades nas que a RAG personifica a celebración (Rosa e Adolfina Casás Rama, veciñas de Cerceda; as Pandeireteiras de Mens, de Malpica de Bergantiños; e Eva Castiñeira, de Muxía), incidindo no carácter coral da mesma e no presente e futuro da tradición que están a reinterpretar as novas xeracións.

https://academia.gal/comunicacion/videos/agrupacion-1730767
 

Comments