Skip to main content
FULBRIGHT

Ampliación de estudos artísticos e de xestión cultural en EE.UU.

O Ministerio de Educación convoca 4 bolsas para a ampliación de estudos artísticos e de xestión cultural nos Estados Unidos de América para o curso 2025/2026, nas seguintes especialidades ou áreas de actividade:

- Artes Cinematográficas e Audiovisuais
- Artes Escénicas
- Artes Plásticas e Visuais
- Música e Musicoloxía

Requisitos dos solicitantes:
Españoles/as que estén en posesión dun título superior expedido por unha universidade española, ademais deberán tener unha carta de acceso ou invitación dun centro estadounidense. 

Dotación: A asignación mensual será de ata 4.300 dólares, segundo universidade ou centro de destino. Ademais abonarase o billete de ida e volta e gastos varios (de 1.300 dólares), máis os gastos de matrícula e taxas (máximo de 34.000 dólares).

O formulario de solicitude electrónica así como o impreso das cartas de referencia están dispoñibles en http://www.fulbright.es   

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 16 de maio de 2025.
Máis información no BOE do 15 de abril de 2025 e en 
https://fulbright.es/programas-y-becas/becas-para-espanoles/ 

Comments