Skip to main content
merlo

Programa Merlo

A Fundación Ronsel organiza o programa de apoio e acompañamento as persoas galegas retornadas no desenvolvemento dos seus negocios ou actividade profesional.

Requisitos:
- Ser unha persoa emigrante galega retornada a Galicia, ou ser a súa cónxuxe, ou ter unha unión análoga á conxugal, ou ser descendente dunha persoa emigrante galega.
- Residir en Galicia, e no momento de iniciarse o programa, estar desenvolvendo nesta Comunidade Autónoma unha actividade profesional, negocio ou empresa.
- Terán preferencias as persoas que non foron beneficiarias do Programa MERLO en anos anteriores, mais poderán inscribirse aquelas que xa o foron.

Remuneración:
- Obradoiro de formación de 4 horas para coñecer o proceso do Mentoría e os seus protocolos de actuación.
- Un mentor ou mentora ("proceso de matching") asignados en función das características indicadas na súa ficha de inscrición.
- Asinará, de forma conxunta coas persoas que actúen de mentoras e de mentoring mánager, un "Acordo de Mentoring" no que expresan o seu compromiso de alcanzar, salvo imprevistos sobrevidos xustificados, un mínimo de 6 reunións.
- Cada matching celebrará un mínimo dunha reunión mensual, cunha duración máxima estimada de 2 horas, durante un período mínimo de 3 meses e máximo de 8 meses, celebrándose a lo menos 6 reunións en calquera dos casos.
- Pechará o "matching" e participará na análise dos obxectivos acadados, contestando ás enquisas que reciban dende o correo merlo@fundacionronsel.org.

Inscrición: https://programamerlo.gal/

Máis información:
698 138 691
merlo@fundacionronsel.org

 

Comments