Skip to main content
bolsas comercio

Bolsas de Formación en Comercio e Consumo 2025

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Comunidade Autónoma de Galicia, convoca dúas bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

Requisitos das persoas beneficiarias

Poderán optar á concesión destas bolsas as persoas que reúnan os seguintes requisitos, que deberán posuír no momento de rematar o prazo de presentación de solicitudes:

a) Ter nacionalidade española ou ser nacionais de calquera Estado membro da Unión Europea, así como estar domiciliada na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4.

c) Estar en posesión dalgún título universitario de licenciada/o, arquitecta/o, enxeñeira/o ou de grao. A persoa solicitante deberá estar en posesión do título ou acreditar o pagamento dos dereitos para a súa expedición ao remate do prazo de presentación de solicitudes e ter rematado os estudos conducentes a el no ano 2016 ou posterior.

d) Non desfrutar anteriormente doutra bolsa de formación na Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

e) Non ter renunciado as bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio e Consumo na anterior convocatoria.

f) Non ter emprego remunerado.

g) Non desfrutar de calquera outra bolsa ou axuda, salvo o subsidio por desemprego.

h) Non padecer ningunha enfermidade nin limitación física ou psíquica que imposibilite o cumprimento das súas obrigas como bolseira/o.

i) Non estar incursa en ningunha das prohibicións para obter a condición de persoa beneficiaria sinaladas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121, do 25 de xuño).

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e dos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Prazo para a presentación de solicitudes: do 26 de abril ao 26 de maio de 2025.

Máis información: : DOG de 25 de abril de 2025 

Comments