Skip to main content
rutas literarias

Rutas Científicas, Artísticas e Literarias

O Ministerio de Educación convoca o programa "Rutas Científicas, Artísticas e Literarias" para o ano 2025.

Este programa educativo pretende ademais de dar continuación aos coñecementos recibidos polo alumnado na aula, mellorar e presentar de forma máis atractiva a formación recibida polos alumnos nos seus respectivos centros, a través de contornas máis experimentais e visuais. Isto favorecerá non só á súa formación artística, literaria, científica, cultural, histórica, ambiental e social, senón tamén ao seu desenvolvemento integral.

Prazas:
Bolsas para 96 grupos de alumnos/as, compostos cada un por un número comprendido entre 20 e 24 alumnos, respectando unha idade máxima de 20 anos. Irán acompañados por dous profesores dos que habitualmente lles imparten clase.

Datas:
As actividades programadas desenvolveranse durante o curso escolar 2025-2026, distribuídas en 6 quendas semanais, entre o 19 de outubro e o 8 de novembro de 2025 e entre o 19 de abril e o 9 de maio de 2026

Requisitos:
Cursar estudos de 5º e 6º de Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Formación Profesional Básica, Bacharelato, Ciclos de Grao Medio de Formación Profesional, Ciclos de Grao Medio de Ensinos Artísticos, Educación Básica Obrigatoria,ou Transición á vida adulta.
Respectar a idade máxima de 20 anos.
Constituír grupos de 20 a 24 alumnos.

Os roteiros propostos para o desenvolvemento do programa son a seguintes:
1º roteiro: Murcia e Andalucía (oriental)
2º roteiro: Navarra e Aragón
3º roteiro: Asturias e Cantabria
4º roteiro: Madrid e Castela-A Mancha (sur)
5º roteiro: Estremadura e Andalucía (occidental)
6º roteiro: Castela e León (norte) e Galicia
7º roteiro: País Vasco e Castela e León (este)
8º roteiro: Cataluña e Comunidade Valenciana


O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 13 de maio de 2025.
Máis información no BOE do 26 de abril de 2025 e en https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatorias/828848

 

Comments