Pasar al contenido principal
Tribunal Constitucional

Bolsa de Biblioteconomía e Documentación no Tribunal Constitucional

O Tribunal Constitucional convoca unha bolsa de biblioteconomía e documentación de formación teórico-práctica en tarefas relacionadas co estudo e tratamento bibliográfico das monografías e as publicacións periódicas da biblioteca do Tribunal Constitucional.

Requisitos:
Titulación universitaria de Biblioteconomía e Documentación
Finalizar os estudos para a obtención do título universitario con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2020.

A dotación da bolsa será de 1.260 euros brutos mensuais.

prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 24 de marzo de 2025
Máis información no BOE do 24 de febreiro de 2025 en www.tribunalconstitucional.es 

Comments