Acción de Verán 2026
A Xunta de Galicia ofrece a posibilidade de que a xuventude galega empregue o seu tempo libre estival participando en actividades de educación non formal de carácter lúdico, cultural, deportivo, formativo, etc. Para iso, cada ano preséntase a Campaña de Verán, unha iniciativa ambiciosa que non só é unha actividade de ocio para os mozos e mozas galegos, senón que tamén é un recurso de conciliación da vida familiar e laboral.
Baixo o lema Modo verán activo, a Campaña de Verán de 2026 da Xunta de Galicia oferta, durante os meses de xullo, agosto e setembro, as seguintes accións:
- Campamentos en Galicia.
- Minicampamentos “Coñece Galicia”, de 5 días de duración.
- Campos de voluntariado en Galicia, noutras comunidades autónomas e no estranxeiro.
- Programas de intercambios bilaterais con outras comunidades autónomas.
- Uso de instalacións xuvenís por parte de entidades e grupos de persoas mozas non asociadas.
- Actividades de ocio alternativo para maiores de 18 anos.
Serán, en total, 11.932 prazas, o que supón a maior oferta da historia destas actividades de verán programadas polo Goberno galego.
En aplicación do principio de transversalidade das políticas en materia de discapacidade e co obxectivo de que a inclusión social sexa unha realidade ao tempo que se favorece a interacción e a convivencia entre toda a mocidade, as mozas e mozos galegos con discapacidade poden decidir sobre a modalidade de participación á que desexan optar: polas prazas do procedemento xeral ou polas prazas reservadas para inclusión. Cómpre lembrar que tamén existe a posibilidade de optar pola convocatoria de campamentos específicos para persoas con discapacidade.
1. CAMPAMENTOS E MINICAMPAMENTOS "COÑECE GALICIA"
Son unha forma diferente e divertida de pasar as vacacións estivais.
As diferentes actividades que integran a programación dos campamentos levaranse a cabo en diversas quendas de entre oito e doce días de duración durante os meses de xullo, agosto e setembro.
Os minicampamentos “Coñece Galicia” son unha iniciativa lúdico-formativa que se desenvolve en instalacións xuvenís e aloxamentos turísticos distribuídos por toda a xeografía galega en estancias de cinco días, e que sirve tanto para apoiar a adquisición de competencias e habilidades por parte das persoas máis novas como para fomentar o coñecemento da riqueza natural e patrimonial de Galicia, o coidado do medio ambiente e o ocio educativo.
Pódese escoller o campamento ou o minicampamento que se queira en función da idade e das actividades que se leven a cabo nel: actividades diversas que van desde a náutica, deportiva, ambiental, artística, patrimonial vinculada ao Camiño de Santiago, científica, agrícola, etc.
A publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia está prevista para este mes de abril.
Prazo de presentación de solicitudes: desde o 16 de abril.
Forma de presentación das solicitudes:
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal
O formulario de solicitude estará dispoñible na sede electrónica o día de apertura do prazo de presentación.
Código do procedemento para o buscador da Sede:
ANEXO II -Solicitude. Procedemento: CÓDIGO BS303A
Unha vez presentada a solicitude, o número de expediente poderá consultarse no apartado "A miña sede" da Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
Máis información:
- Condicións xerais (servizos ofertados e incorporación aos campamentos, participantes, solicitudes, prazo de presentación, adxudicacións, documentación que deben presentar as persoas participantes, descontos nos prezos, devolución de cota, protección de datos)
- Campamentos na Coruña
- Campamentos en Lugo
- Campamentos en Ourense
- Campamentos en Pontevedra
- Campamentos noutras comunidades autónomas
- Minicampamentos
- Anexos
- Información sobre o estado da solicitude na sede electrónica (https://sede.xunta.gal)
- Consulta aquí a Orde de publicación no Diario Oficial de Galicia
Actividade financiada polo Ministerio de Igualdade, Secretaria de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero, no marco do Plan Corresponsables.
Consulta aquí toda a información dos campamentos, tanto dos que se programan en Galicia como das opcións para galegos/as noutras comunidades autónomas.
Teléfonos de información (anexo VI).
DATA DO SORTEO: O sorteo público terá lugar o día 18 de maio, ás 12.15 horas, na Sala no 9 do edificio Fontán, Cidade da Cultura de Galicia (monte Gaiás, s/n, Santiago de Compostela).
RESULTADO DO SORTEO
- Modalidade Xeral (adxudicados e reserva)
- Modalidade Inclusión (adxudicados e reserva)
- Documentación para presentar (FASE DE ADXUDICACIÓN)
FASE DE RESERVAS
Anúnciase a apertura da fase de reservas a partir do luns 1 de xuño para aquelas quendas de campamentos que se desenvolvan entre o 27 de xuño e o 14 de xullo. As chamadas faranse conforme ao sinalado no artigo 10 da orde reguladora.
Unha vez recibida a comunicación e aceptada, na mesma chamada telefónica, a praza ofrecida, deberán presentar a documentación nun prazo de dous días hábiles a partir desta chamada.
No caso de non presentar a documentación no prazo indicado, a praza ofreceráselle á seguinte persoa da lista de espera.
2. CAMPOS DE VOLUNTARIADO
Os campos de voluntariado son actividades realizadas en colaboración con concellos e entidades, encamiñadas a favorecer e fomentar a convivencia, a participación, a tolerancia e a solidariedade entre a mocidade e a súa contorna, a través da colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos que se levan a cabo en diferentes comunidades e cidades autónomas e en distintos países, baixo o patrocinio, control ou organización de entidades e organismos oficiais, asociacións xuvenís, culturais, humanitarias, etc.
É requisito ter cumpridos os 18 anos a data de inicio do campo de voluntariado e non cumprir os 31 antes do seu remate.
ℹ️ Máis información:
A oferta de campos de voluntariado está composta por:
AS PERSOAS CUNHA PRAZA ADXUDICADA nun campo no estranxeiro que por calquera causa NON XUSTIFICADA RENUNCIEN á dita praza ou non acheguen a documentación no prazo de 2 días hábiles seguintes á adxudicación, QUEDARÁN EXCLUIDAS da participación na actual campaña deste programa de campos de voluntariado.
2.1. Campos de voluntariado en Galicia
Os campos de voluntariado en Galicia estarán suxeitos a 2 convocatorias:
1ª CONVOCATORIA
Prazo de solicitude: do 16 ó 29 e abril. A apertura do formulario de solicitude, que estará dispoñible nesta web, será ás 9:00 horas do 16 de abril.
Durante os 3 primeiros días desta convocatoria, cada persoa solicitante só poderá enviar un formulario, no que elixirá ata un máximo de tres campos de voluntariado, entre os que se lle asignará un deles, de ser o caso. Cómpre lembrar que as prazas serán adxudicadas por rigorosa orde de recepción das solicitudes.
2ª CONVOCATORIA
Unha vez asignadas as prazas da 1ª convocatoria, abrirase de novo o formulario na web para aqueles campos con prazas dispoñibles, que permanecerá aberto ata 3 días antes do inicio do campo, de existir prazas vacantes.
O 12 de maio ás 9:00h abrirase o prazo de solicitude desta 2ª convocatoria e permanecerá aberto ata cubrir as prazas.
Poderá optar a estas prazas vacantes calquera persoa, incluso aquelas con praza xa adxudicada noutro campo.
2.2. Campos de voluntariado no estranxeiro
Apertura do prazo de solicitude: 5 de marzo de 2026 ás 9:00 h. A convocatoria permanecerá aberta todo o ano ou ata esgotar as prazas.
Aviso Importante:
A proposta de campos de voluntariado no estranxeiro procede directamente das organizacións internacionais que se integran na Alianza de Organizacións de Voluntariado Europeo (en diante Alianza). Galicia participa na Alianza a través da representation que asume o Instituto de la Juventud de España (en diante, INJUVE), que é membro de pleno dereito da organización, en representación das comunidades e cidades autónomas de España.
A Xunta de Galicia non ten competencia nin responsabilidade na organización dos campos de voluntariado no estranxeiro que se ofertan pola Alianza. Esta organización compete ás respectivas organizacións internacionais (membros da Alianza) promotoras dos distintos campos no estranxeiro.
En consecuencia, a Xunta de Galicia non é responsable dos posibles incumprimentos ou cambios que a entidade estranxeira organizadora decida facer na súa programación nin dos conseguintes gastos que se poidan derivar, e no caso de calquera incumprimento ou deficiencia na prestación do servizo, deberá reclamarse directamente á asociación ou entidade estranxeira organizadora do campo.
No obstante, desde a Dirección Xeral de Xuventude (e desde o INJUVE), como intermediarios entre as persoas voluntarias e a entidade que promove o campo campo, estaremos á túa disposición para axudarche na reclamación.
2.3. Campos de voluntariado noutras CCAA
1ª Convocatoria
O prazo desta convocatoria abre o día 22 de abril, ás 9:00 h. e pecha o día 29 de abril ás 14:00 h.
Unha persoa non poderá ser adxudicataria de máis dun campo de voluntariado nesta convocatoria. Para participar nun segundo campo de voluntariado, haberá que esperar á segunda convocatoria.
A solicitude presentarase en liña, no enlace que se habilitará o día de apertura do prazo na páxina web xuventude.xunta.es.
2ª Convocatoria ou repesca
Por CAUSAS ALLEAS Á XUNTA DE GALICIA posponse O 2 de MAIO a apertura do prazo de repesca.
2 de maio ás 10 horas
Unha vez pechada a 1ª convocatoria o programa prevé, para os campos noutras CCAA, unha nova oferta xeneralizada de prazas en 2ª convocatoria ou repesca. Os campos con prazas libres poderán ser os mesmos que os ofertados inicialmente ou novos.
O prazo para solicitar en 2ª convocatoria as prazas para os campos noutras CCAA comezará o 20 de maio ás 9:00h. Este prazo permanecerá aberto permanentemente ata esgotar as prazas ou ata 5 días antes do inicio do campo.
O procedemento de solicitude será o mesmo que o establecido para a 1ª convocatoria.
A continuacion poderás consultar as prazas ofertadas, en tempo real, nesta convocatoria de repesca.
3. CESIÓN DO USO DE INSTALACIÓNS XUVENÍS DA CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE PARA A REALIZACIÓN DE PROGRAMAS DE LECER EDUCATIVO E DE TEMPO LIBRE (Só para entidades ou grupos asociados)
Mediante esta convocatoria preténdese articular a utilización das instalacións xuvenís das que é titular a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, co obxecto de facilitarlle á mocidade o acceso a instalacións xuvenís para o desenvolvemento de programas de lecer educativo e tempo libre, sen ánimo de lucro, dentro da programación da Campaña de verán 2026, conscientes de que as asociacións xuvenís, as entidades que desenvolven actividades para a xuventude e os grupos de persoas mozas non asociadas destinatarios da convocatoria, non sempre dispoñen dos medios e instalacións axeitadas para tales fins.
Con este fin, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude oferta o uso de instalacións xuvenís durante o período comprendido entre o 16 de xuño e o 10 de setembro.
A orde de convocatoria saíu publicada no Diario Oficial de Galicia do mércores 15 de abril.
Orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia
Prazo de presentación de solicitudes: sete (7) días hábiles desde o seguinte ao da publicación no Diario oficial de Galicia (do 16 ao 24 de abril).
Forma de presentación de solicitudes:
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal
O formulario de solicitude estará dispoñible na sede electrónica o día de apertura do prazo de presentación.
Código do procedemento para o buscador da Sede: BS304A
Información xeral
RESOLUCIÓN: Adxudicación do uso de instalacións xuvenís. Resolución do 7 de maio de 2026 (DOG do 19 de maio de 2026)
MODELO DE ACEPTACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO TEMPORAL
FASE DE RESULTAS (artigo 13 orde reguladora)
No caso de que unha vez adxudicadas as prazas quedasen prazas sobrantes, disporase delas en fase de resultas.
As entidades e os grupos que presentaron solicitude na primeira fase do procedemento e non resultaron adxudicatarios por aplicación dos criterios de preferencia e prioridade da orde, terán prioridade para o acceso a estas prazas. Disporán da prioridade sinalada durante 5 días hábiles a partir da publicación da listaxe de resultas na páxina web.
As ditas entidades e grupos interesados remitirán a súa solicitude de prazas mediante un correo electrónico, no enderezo ofertaconcertada.xuventude@xunta.gal, cunha antelación mínima de 7 días hábiles á data de inicio da estadía que se solicita.
A adxudicación das prazas de resultas realizarase por orde de recepción de solicitudes.
Unha vez rematado o período de prioridade, e no caso de que aínda queden prazas sobrantes, estas poranse a disposición de calquera entidade ou grupo interesado que cumpra os requisitos da orde de convocatoria, mediante a apertura dun novo período de solicitudes.
Estas novas solicitudes presentaranse tamén por correo electrónico, no enderezo ofertaconcertada.xuventude@xunta.gal, cunha antelación mínima de 7 días hábiles á data de inicio da estadía que se solicita.
A adxudicación das prazas de resultas a estas entidades e grupos non prioritarios realizarase, así mesmo, por orde de recepción de solicitudes.
LISTAXE DE PRAZAS E DATAS DISPOÑIBLES (a día 28.05.2026)
4. ACTIVIDADES DE OCIO ALTERNATIVO PARA MAIORES DE 18 ANOS
A Campaña de verán que a Xunta de Galicia pon de novo en marcha para o ano 2026 inclúe oportunidades de participation para as persoas mozas mediante un programa de actividades dirixido a mozos e mozas de entre 18 e 30 anos.
Este programa, que promove un ocio educativo, alternativo e saudable para a mocidade galega, conta con 160 prazas en cinco programas de actividades, en quendas de cinco días de duración, no albergue xuvenil de Allariz, no campamento xuvenil A Devesa en Ribadeo, no hotel Piornedo en Cervantes, no Acampamento O Caurel en Folgoso do Courel e no albergue Laias en Cenlle.

