
Bolsas no Instituto Nacional de Administración Pública
O Instituto Nacional de Administración Pública convoca 18 bolsas de formación e investigación.
Finalidade:
Promover a formación de profesionais e o desenvolvemento de estudos e investigacións relacionados cos obxectivos estratéxicos do INAP: dixitalización de recursos bibliográficos e biblioteca dixital, impacto científico editorial das publicacións do Instituto; administración aberta; modelos de xestión baseados en competencias profesionais; planificación estratéxica orientada a resultados; innovación pública para unha administración intelixente e xestión colaborativa do coñecemento.
Requisitos:
A titulación deberá estar relacionada con algunha das seguintes especialidades:
Ciencias xurídicas das administracións públicas, xestión e administración pública; Ciencias do comportamento e psicoloxía; Ciencias económicas, administración e dirección de empresas, márketing; Ciencias da educación; Ciencias sociais, traballo social, relacións laborais e recursos humanos, socioloxía, ciencia política e relacións internacionais; Dereito e especialidades xurídicas; Industrias culturais: deseño, animación, cinematografía e produción audiovisual; Enxeñería da telecomunicación, enxeñería informática e de sistemas, enxeñería de datos; Matemáticas e estatística; Xornalismo, comunicación, publicidade e relacións públicas; Arquivística, xestión dixital de información e documentación.
Dita titulación debe ser obtida no curso académico 2019-2020 ou posterior.
A contía individual de cada bolsa será de 1.300 euros mensuais.
O período máximo de goce das bolsas será dun ano, prorrogable por outro ano máis.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 13 de marzo de 2025.
Máis información no BOE do 20 de febreiro de 2025 e https://www.inap.es/becas-y-ayudas
Comments