
Bolsas AIE de estudos musicais 2025/26
Bolsas AIE de estudos musicais 2025/26
AIE é a Entidade de Gestión dos Artistas Intérpretes ou Executantes da música.
AIE destina un 10 % do orzamento a actividades de promoción e axuda aos músicos.
Dentro desta actividade, a formación é un piar fundamental e a entidade está orgullosa de poder ofrecer, un ano máis, o Programa de BECASAIE para a realización de estudos en destacadas escolas de música ou para ampliar a formación dos músicos en España ou no estranxeiro.
As BecasAIE van destinadas a alumnos de estudos musicais de Grao Medio ou Superior, dependendo da bolsa, ou a profesionais da música en activo, e aplicaranse ao curso académico 2025/2026, excepto no caso dos cursos de verán que corresponden ao ano 2025.
Bolsas ofertadas:
-115 Bolsas de formación ou Ampliación de Estudos Musicais, segundo a seguinte distribución.
-29 BECASAIE de Alta Especialización, segundo a seguinte distribución.
-6 BECASAIE de 300 € destinadas aos Cursos Manuel de Falla, organizados polo Festival Internacional de Música e Danza de Granada, para alumnos activos.
Para tramitar a solicitude os interesados deberán cumprimentar o formulario de solicitude on-line e anexar a documentación que se solicita na web de AIE.
Unha vez recibida a solicitude, se a documentación é correcta, esta terase en conta no estudo e selección dos bolseiros.
O prazo para presentar a solicitude e documentación finalizará o 31 de Marzo de 2025, ás 18.00 horas.
Requisitos:
Poderá optar á concesión dunha BecaAIE calquera persoa que cumpra os seguintes requisitos:
-Ser estudante ou profesional da música en activo, con independencia do instrumento ou instrumentos que sexan obxecto de estudo, entre eles a voz, ou da materia musical de que se traten, incluíndo as novas tecnoloxías.
-Ter nacionalidade española, dalgún país da Unión Europea ou latinoamericana con permiso de residencia en España.
-Os solicitantes das BecasAIE de Alta Especialización deberán enviar, xunto coa súa solicitude e currículo, unha copia da súa declaración de Facenda máis recente, ou na súa falta da dos seus pais ou titores.
Convoca: AIE
Máis información:
Contacto
Comments