Pasar al contenido principal
Prevención de riscos laborais

Prevención de riscos laborais

A Escola Galega de Administración Pública e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral convocan un curso en materia de prevención de riscos laborais..

Modalidade: teleformación.
Duración: 60 h.
Edicións: 3
Datas: do 11 de marzo ao 5 de maio de 2025.
Proba final: o día 9 de maio ás 10.00 horas.

Contido:
- Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo.
- Riscos xerais e a súa prevención.
- Riscos específicos do sector da actividade da empresa e a súa prevención.
- Elementos básicos da xestión da prevención de riscos.
- Primeiros auxilios.
- Prevención de riscos laborais desde a perspectiva de xénero.

prazo de presentación de solicitudes será do 21 ao 28 de febreiro de 2025.
As solicitudes só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización.

Máis información na EGAP
Teléfonos 981 546 257 e 981 546 335
Correo electrónico xestion.egap@xunta.gal

Publicado no DOG do 20 de febreiro de 2025

Comments