Pasar al contenido principal
Campos de Voluntariado no estranxeiro

Campos de Voluntariado no estranxeiro

O programa de Campos de Voluntarido ábrese hoxe, día 3 de marzo de 2025, e permanecerá aberto ata esgotar as prazas.

A proposta de campos de voluntariado no estranxeiro procede directamente das organizacións internacionais que se integran na Alianza de Organizacións de Voluntariado Europeo.

Galicia participa na Alianza a través da representación que asume o Instituto de la Juventud de España, INJUVE, que é membro de pleno dereito da organización, en representación das comunidades e cidades autónomas de España. A Xunta de Galicia non ten competencia nin responsabilidade na organización dos campos de voluntariado no estranxeiro que se ofertan pola Alianza. Esta organización compete ás respectivas organizacións internacionais (membros da Alianza) promotoras dos distintos campos no estranxeiro. En consecuencia, a Xunta de Galicia non é responsable dos posibles incumprimentos ou cambios que a entidade estranxeira organizadora decida facer na súa programación nin dos conseguintes gastos que se poidan derivar, e no caso de calquera incumprimento ou deficiencia na prestación do servizo, deberá reclamarse directamente á asociación ou entidade estranxeira organizadora do campo.

No obstante, desde a Dirección Xeral de Xuventude (e desde o INJUVE), como intermediarios entre as persoas voluntarias e a entidade que promove o campo campo, estaremos á túa disposición para axudarche na reclamación.

COTA DE PARTICIPACIÓN

A cota de participación é de 110 € (82,50 € no caso de acollerse a algún dos descontos).

Descontos (non acumulables):

  • Carné xove: -25% na cota de participación.
  • Carné de familia numerosa: -25% na cota de participación.
  • Familia monoparental: -25% na cota de participación.
  • Familia de acollida: -25% na cota de participación.

Esta cota de participación inclúe:

  • Os gastos de manutención, aloxamento, os derivados das propias actividades dos campos unha vez producida a incorporación ao campo e máis o seguro de accidentes e responsabilidade civil.

Lembra que, se es titular de Carné xove (debidamente activado), co teu carné tes asociado un seguro de asistencia en viaxe. Podes consultar toda a información en: carnexove.xunta.gal 

Non inclúe:

  • Os gastos ocasionados pola viaxe (ida e volta) ata o lugar de celebración do campo, que correrán a cargo da persoa voluntaria.
  • cota extra de participación naqueles casos onde se estableza pola organización estranxeira.

Exclamación!!Algúns campos de voluntariado, pola súa temática, acceso, localización, aloxamento ou calquera outra peculiaridade especial, teñen un custo adicional ou COTA EXTRA que a persoa voluntaria deberá satisfacer a organización estranxeira á CHEGADA O CAMPO, salvo indicación contraria. Esta cota extra que aplican discrecionalmente algunhas organizacións estranxeiras, especifícase na ficha informativa de cada campo de voluntariado.

ACLARACIÓN: as persoas galegas que soliciten un campo de voluntariado da organización armenia HUJ, estarán exentas de pagar a cota extra especificacada para os seus campos.

 Cota Extra

COMO SOLICITAR A TÚA PRAZA

A través deste enlace poderás consultar e solicitar os campos de voluntariado no estranxeiro ata un máximo de 3 opcións por orde de prioridade. 

ADXUDICACIÓN DE PRAZA

As prazas serán adxudicadas, mentres existan vacantes, por rigorosa orde de recepción das solicitudes.

IMPORTANTE:

  1. Unha vez adxudicada a praza recibirás un correo electrónico coas instruccións para o pagamento da cota de participación e para formalizar a inscrición máis toda a documentación que deberás presentar cuberta e asinada no prazo de 2 días hábiles que contarán desde o envío do correo electrónico de adxudicación da praza.
  2. Toda a documentación deberase enviar por correo electrónico ao enderezo: camposdevoluntariado.xuventude@xunta.gal
  3. Unha vez recibida e revisada esta documentación, confirmaremos por correo electrónico a súa validación e polo tanto a finalización do proceso de inscrición. A partir deste momento poderás considerarte correctamente inscrito/a.

Exclamación!!RECOMENDAMOS esperar a recibir este correo electrónico antes de xestionar a compra das pasaxes necesarias para chegar ao punto de encontro.

 

Se xurdira un imprevisto que che impida participar no campo de voluntariado deberás comunicar a renuncia o máis axiña posible para liberar a praza e facilitar así a participación doutra persoa nese campo. Correo electrónico: camposdevoluntariado.xuventude@xunta.gal

Hai que ter presente que a NON comunicación dunha renuncia impedirá a participación doutras persoas que poideran estar interesadas.

RECOMENDACIONS

Á hora de realizar unha viaxe ao estraxeiro, recomendámosche consultar os seguintes apartados do Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación e do Ministerio de Sanidade:

 

 

Comments