Pasar al contenido principal
curso monitor

Curso de monitor/a de actividades de tempo libre en Ames

Curso de monitor/a de actividades de tempo libre en Ames

A ETL Aventeira Escola desenvolverá o curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre promovido polo Concello de Ames, que inclúe o Certificado de Manipulador/a de Alimentos e contido especializado en xénero e igualdade, educación emocional, comunicación non violenta, participación e orientación laboral no tempo libre.

A formación contará con 160 horas presenciais e 40 horas en liña

Datas: Sábados e domingos.
Febreiro: 15-16, 22-23
Marzo: 15-16, 29-30
Abril: 5-6, 12-13, 26-27
Maio: 10-11

Horario: De 09:00 a 14:00 e de 15:30 a 20:30 horas.

En liña: Do 17 de febreiro ao 30 de abril

Lugar: Pazo da Peregrina (Avda. José Luis Azcárraga, 5) Bertamiráns.

Duración: 200 horas da fase teórico-práctica e 150 horas da fase de prácticas.

Precísase unha asistencia ao 80% do total das horas teórico-prácticas para superar o curso, así como superar a parte práctica.

Prezo: 172€

Prazo de inscrición: do 7 ao 24 de xaneiro no rexistro municipal do Concello de Ames.
Presencialmente, ou telematicamente na seguinte ligazón: https://sede.concellodeames.gal/eAdmin/Sede.do

Máis información:
Teléfono: 616083229
Correo-e: xuventude@concellodeames.gal

Comments