
Curso en Santiago de Monitor/a de actividades de tempo libre da ETL Altair
A Escola de tempo libre Altair organiza un curso de Monitor/a de actividades de tempo libre
Lugar:
Rúa do Home Santo, 29-B (local de Seteportas-Altair). Ademais algunha sesión poderá ter lugar en albergues ou espazos rurais en réxime de convivio e parte en rexime de acampamento.
Datas fase téorico-práctica: fins de semana de Xaneiro a Abril de 2025 (200 horas):
- Xaneiro: 19 (Presentación en liña); 25 e 26.
- Febreiro: 1 e 2; 8 e 9; 15 e 16; 22 e 23.
- Marzo: 9; 15 e 16; 29 e 30.
- Abril: 5 e 6; 11, 12, 13, 14, 15 e 16.
7 mañás libres: 25 de xaneiro; 1, 8 e 15 de febreiro; 15 de marzo; 5 e 11 de abril.
Prazas: mínimo 7, máximo 25
Horario de aulas: Entre 9.00 e 14.00 horas e 15.30 e 20.30 horas.
Matrícula (inclue fase teórico-práctica e fase de prácticas, excepto tasa de expedición do título):
- 75 € (Para persoas que se incorporan como voluntarias da asociación, unha vez reciban o seu nomeamento definitivo como monitor/a de agrupamento)
- 240 € (matriculados antes do 22 decembro de 2025 ou quen trae un amigo/a)
- 290 € (prezo a partir do 23 de decembro)
Fase de Prácticas: Será necesario superar 150 horas de prácticas, en entidades de voluntariado nos tempos libres, unha vez realizada a parte teórico-práctica para poder obter a titulación. Durante toda esta fase continuarán contando con apoio e supervisión da escola para a procura de entidades de prácticas, elaboración
da memoria, etc.
Facilidades de pagamento:
-Fraccionamento do pagamento en 2 ou 3 prazos. A cantidade a ingresar en cada prazo elíxea o alumnado. A data límite para o pagamento do último prazo é o 3 de xaneiro de 2025.
O curso inclúe:
-2 convivios con aloxamento, manutención e traslado (22 e 23 de febreiro e 29 e 30 de marzo).
-1 campamento (con aloxamento, manutención e traslado)
-Póliza de accidentes e seguro de RC (na parte teórico-práctica)
-Material e actividades
-Visitas
Máis información sobre o curso, contacto e matrícula: https://forms.gle/V6oeEktQMJJyXB2KA
633 336 256
info@altair.gal
Información sobre o proxecto Altair: https://altair.gal/
Comments