Ir o contido principal
Proxecto 0229_DESAFIOS_JOVENS_GNP_1_E

A Dirección Xeral de Xuventude, da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude convoca a primeira edición dos Cursos de nivel básico e de nivel intermedio de inglés laboral no marco do proxecto 0229_DESAFIOS_JOVENS_GNP_1_E.

O programa 0229_DESAFIOS_JOVENS_GNP_1_E é un proxecto transfronteirizo da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal que nace co obxectivo de promover a inserción laboral dende a inclusividade e a perspectiva de xénero, priorizando persoas mozas e mulleres do rural e dinamizando o mercado laboral transfronteirizo.

No marco desta colaboración institucional a Dirección Xeral de Xuventude pon en marcha dúas edicións do curso de nivel básico de inglés laboral e do curso de nivel intermedio de inglés laboral de 20 horas cada un deles, con titorización, seguimento do alumnado e avaliación continua. Os cursos incluirán un grupo de 20 persoas participantes para o nivel básico e outro grupo de 20 persoas para o nivel intermedio. A realización deste curso considérase necesaria e proveitosa, por tratarse dun idioma universal, fundamental para a mellora das competencias profesionais, a mobilidade laboral e a inserción no mercado de traballo, no que  poderán participar mozos e mozas residentes en Galicia ou en Portugal.

A primeira edición dos cursos de nivel básico e intermedio de inglés laboral realízase en horario de mañá no primeiro semestre deste ano. Pola súa vez, a segunda edición destes convocárase no mes de xuño e realizarase en horario de tarde a partir de setembro.

Destinatarios/as:

Mozos e mozas residentes en Galicia ou Portugal que teñan unha idade comprendida entre os 18 e os 30 anos no momento de iniciar o curso.

* 1ª EDICIÓN

Duración: 20 horas
Prazas: máximo 20 para nivel básico e 20 para nivel intermedio
Data de inicio: 03/03/2026
Horario: martes e xoves (10:00h-11:00h nivel básico; 11:30h-12:30h nivel intermedio)
Data de finalización: 19/05/2026
*O horario e o contido das clases están suxeitos a cambios, en función do desenvolvemento de cada curso.

* 2ª EDICIÓN

Duración: 40 horas
Prazas: máximo 20 para nivel básico y 20 para nivel intermedio
Data de inicio: 01/09/2026
Horario: martes (18:00h-19:30h nivel básico); xoves (17:30h-19:00h nivel intermedio)
Data de finalización: 24/11/2026 (nivel básico); 26/11/2026 (nivel intermedio)
*O horario e o contido das clases están suxeitos a cambios, en función do desenvolvemento de cada curso.
*Aberto o prazo de inscricións para a 2ª edición. INSCRÍBETE en https://apunta.xunta.gal/gl/form/2-edicion-curso-ingles-laboral (data límite 13 de xullo).

Características dos cursos:

Inglés laboral. Nivel básico e nivel intermedio, de 20 horas de duración. Modalidade blended (telepresenza con reunións virtuais pero sincrónicas).

O desenvolvemento das clases centrarase principalmente nas habilidades orais, pero tamén se estudarán as comunicacións escritas formais. Todas as clases terán un enfoque práctico: que necesita saber o  alumnado e como poden utilizalo nun contexto profesional. Tomarase asistencia ao comezo e ao final de cada sesión. O horario e o contido das clases están suxeitos a cambios, en función do desenvolvemento do curso.

Avaliacións: O primeiro día de clase farase unha avaliación oral inicial de nivel. Aproximadamente á metade do curso realizarase outra avaliación oral adicional de nivel e unha avaliación escrita. Ao final do curso, a avaliación xeral do nivel dos estudantes farase nas dúas últimas sesións e demostrarán seu nivel oral mediante unha presentación destinada a simular un discurso no lugar de traballo.

Descrición dos cursos:

Enfoque comunicativo e funcional, adaptado ao nivel de partida e ás necesidades do alumnado.

Priorizarase:

  • A comunicación oral e escrita na contorna laboral
  • O uso funcional da língua en situacións habituais do posto de traballo
  • A comprensión e elaboración de documentación administrativa básica (correos electrónicos, formularios, cartas formais, etc)
  • O vocabulario específico do ámbito laboral correspondente
  • A interacción en reunións e/ou a atención ao público
  • Estratexias para a comprensión e produción de textos e conversacións na lingua inglesa
  • O uso de recursos dixitais e materiais a medida

Inscrición: mediante formulario electrónico

Prazo de inscrición: do 11 ao 20 de febreiro de 2026

Admisión: As persoas interesadas en participar serán admitidas por rigoroso orde de inscrición, ata cubrir a totalidade de prazas convocadas.

Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza. Recibido o correo electrónico de selección, deberá remitir a ese mesmo correo unha copia do Documento Nacional de Identidade . Unha vez finalizado o prazo de inscrición, de non recibir comunicación nos tres (3) días seguintes, entenderase que non obtivo praza.

Curso de nivel básico de inglés laboral I

Programa e contidos do nivel básico:

  • Introducións a si mesmo e aos demais (formais e informais)
  • Vocabulario básico do lugar de traballo
  • Linguaxe administrativa básica
  • Estratexias para facilitar a comprensión do inglés oral e as comunicacións telefónicas
  • Como pedir información do cliente
  • Instrucións orais básicas e indicacións orais
  • Cartas e correos profesionais básicos
  • Ferramentas TIC para o inglés escrito
  • Recursos para practicar o inglés
  • Falar de plans no futuro
  • Presentacións laborais básicas

Cronograma do nivel básico:

Martes (18:00-19:30)

Data Sesión Tema
01/09/26 1 ● Introdución ao curso
● Introducións persoais
● Avaliación oral inicial
08/09/26 2 ● Vocabulario do lugar de traballo
● Vocabulario administrativo básico
15/09/26 3 ● Estratexias para:
○ As comunicacións telefónicas
○ Facilitar a compresión oral
22/09/26 4 ● Como pedir información do cliente
29/09/26 5 ● Instrucións e indicacións orais básicas
06/10/26 6 ● Avaliación Oral
13/10/26 7 ● Cartas e correos profesionais básicos
● Cartas e correos profesionais básicos
20/10/26 8 ● Ferramentas TIC y recursos para practicar o inglés
27/10/26 9 ● Falar de plans no futuro
03/11/26 10 ● Presentacións laborais básicas
10/11/26 11 ● Presentacións: traballo en equipo
17/11/26 12 ● Avaliacións finais - Presentacións - 1

24/11/26*
2 horas (17:30-19:30)

13 ● Avaliacións finais - Presentacións - 2

* O horario e o contido das clases están suxeitos a cambios, en función do desenvolvemento de cada curso.

Curso de nivel intermedio de inglés laboral I

Programa e contidos do nivel intermedio:

  • Cultura e mundo laboral
  • A escoita activa
  • Como pedir a información
  • Vocabulario e consello para formularios
  • Programación de reunións e citas
  • Como dar instrucións orais
  • Cartas e correos formais
  • Ferramentas TIC para o inglés escrito
  • Linguaxe administrativa básica
  • Descricións dos postos de traballo
  • Estratexias para abordar problemas e queixas
  • Oratoria e presentacións simples

Cronograma do nivel intermedio:

Xoves (17:30-19:00)

Data Sesión Tema
03/09/26 1 ● Introdución ao curso
● Avaliación de nivel oral
10/09/26 2 ● Cultura e o mundo laboral
17/09/26 3 ● A escoita activa
● Como pedir información
24/09/26 4 ● Vocabulario e consellos para formularios
● Aclarar y comprobar a comprensión
01/10/26 5 ● Programación de reunións e citas
08/10/26 6 ● Como dar instrucións orais
15/10/26 7 ● Avaliación oral
22/10/26 8 ● Cartas e correos formais
● Ferramentas TIC para o inglés escrito
29/10/26 9 ● Linguaxe administrativa básica
● Descricións de postos de traballo
05/11/26 10 ● Estratexias para abordar problemas e queixas
12/11/26 11 ● Oratoria e presentacións simples
● Traballo en equipo
19/11/26 12 ● Avaliación final - presentacións 1
26/11/26*
2 horas(17:30-19:30)

13

● Avaliación final - presentacións 2


FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Mais información: desafiosjovens.xuventude@xunta.gal

 

Proxecto 0229_DESAFIOS_JOVENS_GNP_1_E