
A Dirección Xeral de Xuventude, da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude convoca a primeira edición dos Cursos de nivel básico e de nivel intermedio de inglés laboral no marco do proxecto 0229_DESAFIOS_JOVENS_GNP_1_E.
O programa 0229_DESAFIOS_JOVENS_GNP_1_E é un proxecto transfronteirizo da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal que nace co obxectivo de promover a inserción laboral dende a inclusividade e a perspectiva de xénero, priorizando persoas mozas e mulleres do rural e dinamizando o mercado laboral transfronteirizo.
No marco desta colaboración institucional a Dirección Xeral de Xuventude pon en marcha dúas edicións do curso de nivel básico de inglés laboral e do curso de nivel intermedio de inglés laboral de 20 horas cada un deles, con titorización, seguimento do alumnado e avaliación continua. Os cursos incluirán un grupo de 20 persoas participantes para o nivel básico e outro grupo de 20 persoas para o nivel intermedio. A realización deste curso considérase necesaria e proveitosa, por tratarse dun idioma universal, fundamental para a mellora das competencias profesionais, a mobilidade laboral e a inserción no mercado de traballo, no que poderán participar mozos e mozas residentes en Galicia ou en Portugal.
A primeira edición dos cursos de nivel básico e intermedio de inglés laboral realízase en horario de mañá no primeiro semestre deste ano. Pola súa vez, a segunda edición destes convocárase no mes de xuño e realizarase en horario de tarde a partir de setembro.
Destinatarios/as:
Mozos e mozas residentes en Galicia ou Portugal que teñan unha idade comprendida entre os 18 e os 30 anos no momento de iniciar o curso.
* 1ª EDICIÓN
Duración: 20 horas
Prazas: máximo 20 para nivel básico e 20 para nivel intermedio
Data de inicio: 03/03/2026
Horario: martes e xoves (10:00h-11:00h nivel básico; 11:30h-12:30h nivel intermedio)
Data de finalización: 19/05/2026
*O horario e o contido das clases están suxeitos a cambios, en función do desenvolvemento de cada curso.
* 2ª EDICIÓN
Duración: 40 horas
Prazas: máximo 20 para nivel básico y 20 para nivel intermedio
Data de inicio: 01/09/2026
Horario: martes (18:00h-19:30h nivel básico); xoves (17:30h-19:00h nivel intermedio)
Data de finalización: 24/11/2026 (nivel básico); 26/11/2026 (nivel intermedio)
*O horario e o contido das clases están suxeitos a cambios, en función do desenvolvemento de cada curso.
*Convocarase na páxina web de xuventude no mes de xuño.
Características dos cursos:
Inglés laboral. Nivel básico e nivel intermedio, de 20 horas de duración. Modalidade blended (telepresenza con reunións virtuais pero sincrónicas).
O desenvolvemento das clases centrarase principalmente nas habilidades orais, pero tamén se estudarán as comunicacións escritas formais. Todas as clases terán un enfoque práctico: que necesita saber o alumnado e como poden utilizalo nun contexto profesional. Tomarase asistencia ao comezo e ao final de cada sesión. O horario e o contido das clases están suxeitos a cambios, en función do desenvolvemento do curso.
Avaliacións: O primeiro día de clase farase unha avaliación oral inicial de nivel. Aproximadamente á metade do curso realizarase outra avaliación oral adicional de nivel e unha avaliación escrita. Ao final do curso, a avaliación xeral do nivel dos estudantes farase nas dúas últimas sesións e demostrarán seu nivel oral mediante unha presentación destinada a simular un discurso no lugar de traballo.
Descrición dos cursos:
Enfoque comunicativo e funcional, adaptado ao nivel de partida e ás necesidades do alumnado.
Priorizarase:
- A comunicación oral e escrita na contorna laboral
- O uso funcional da língua en situacións habituais do posto de traballo
- A comprensión e elaboración de documentación administrativa básica (correos electrónicos, formularios, cartas formais, etc)
- O vocabulario específico do ámbito laboral correspondente
- A interacción en reunións e/ou a atención ao público
- Estratexias para a comprensión e produción de textos e conversacións na lingua inglesa
- O uso de recursos dixitais e materiais a medida
Inscrición: mediante formulario electrónico
Prazo de inscrición: do 11 ao 20 de febreiro de 2026
Admisión: As persoas interesadas en participar serán admitidas por rigoroso orde de inscrición, ata cubrir a totalidade de prazas convocadas.
Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza. Recibido o correo electrónico de selección, deberá remitir a ese mesmo correo unha copia do Documento Nacional de Identidade . Unha vez finalizado o prazo de inscrición, de non recibir comunicación nos tres (3) días seguintes, entenderase que non obtivo praza.
Curso de nivel básico de inglés laboral I
Programa e contidos do nivel básico:
- Introducións a si mesmo e aos demais (formais e informais)
- Vocabulario básico do lugar de traballo
- Linguaxe administrativa básica
- Estratexias para facilitar a comprensión do inglés oral e as comunicacións telefónicas
- Como pedir información do cliente
- Instrucións orais básicas e indicacións orais
- Cartas e correos profesionais básicos
- Ferramentas TIC para o inglés escrito
- Recursos para practicar o inglés
- Falar de plans no futuro
- Presentacións laborais básicas
Cronograma do nivel básico:
*O horario e o contido das clases están suxeitos a cambios, en función do desenvolvemento de cada curso.
| Sesión | Data | Tema |
|---|---|---|
| 1 | 03/03/26 | Introdución ao curso e avaliación do nivel oral |
| 2 | 05/03/26 | Introducións a si mesmo e aos demais |
| 3 | 10/03/26 | Vocabulario básico do lugar de traballo |
| 4 | 12/03/26 | Linguaxe administrativa básica |
| 5 | 17/03/26 | Estratexias para facilitar a comprensión do inglés oral |
| 6 | 24/03/26 | Estratexias para as comunicacións telefónicas |
| 7 | 26/03/26 | Como pedir información do cliente |
| 8 | 31/03/26 | |
| 9 | 07/04/26 | Instrucións orais básicas |
| 10 | 09/04/26 | Avaliación oral |
| 11 | 14/04/26 | Indicacións orais |
| 12 | 16/04/26 | Cartas e correos profesionais básicas |
| 13 | 21/04/26 | Ferramentas TIC para o inglés escrito |
| 14 | 23/04/26 | Recursos para practicar o inglés |
| 15 | 28/04/26 | Falar de plans no futuro |
| 16 | 30/04/26 | Presentacións laborais básicas |
| 17 | 05/05/26 | |
| 18 | 07/05/26 | Presentacións: Traballo en equipo |
| 19 | 12/15/26 | Avaliacións finais |
| 20 | 19/05/26 |
Curso de nivel intermedio de inglés laboral I
Programa e contidos do nivel intermedio:
- Cultura e mundo laboral
- A escoita activa
- Como pedir a información
- Vocabulario e consello para formularios
- Programación de reunións e citas
- Como dar instrucións orais
- Cartas e correos formais
- Ferramentas TIC para o inglés escrito
- Linguaxe administrativa básica
- Descricións dos postos de traballo
- Estratexias para abordar problemas e queixas
- Oratoria e presentacións simples
Cronograma do nivel intermedio:
*O horario e o contido das clases están suxeitos a cambios, en función do desenvolvemento de cada curso.
| Sesión | Data | Tema |
|---|---|---|
| 1 | 03/03/26 | Introdución ao curso e avaliación do nivel oral |
| 2 | 05/03/26 | Cultura e mundo laboral |
| 3 | 10/03/26 | A escoita activa |
| 4 | 12/03/26 | Como pedir a información |
| 5 | 17/03/26 | Aclarar e comprobar a comprensión |
| 6 | 24/03/26 | Vocabulario e consellos para formularios |
| 7 | 26/03/26 | Programación de reunións e citas |
| 8 | 31/03/26 | Como dar instrucións orais |
| 9 | 07/04/26 | Avaliación oral |
| 10 | 09/04/26 | Ferramentas TIC para o inglés escrito |
| 11 | 14/04/26 | Cartas e correos formais |
| 12 | 16/04/26 | Linguaxe administrativa básica |
| 13 | 21/04/26 | Descricións de postos de traballo |
| 14 | 23/04/26 | Estratexias para abordar problemas e queixas |
| 15 | 28/04/26 | Tema elixido polo alumnado |
| 16 | 30/04/26 | Oratoria e presentacións simples |
| 17 | 05/05/26 | |
| 18 | 07/05/26 | Presentacións: Traballo en equipo |
| 19 | 12/05/26 | Avaliacións finais |
| 20 | 19/05/26 |
Mais información: desafiosjovens.xuventude@xunta.gal

