Charla "E ti, coñeces a fórmula?" - Porto do Son
EspazoCoop organiza a charla "E ti, coñeces a fórmula?" en colaboración co Programa de Emprego, formación, educación e economía social do FSE+ e no marco da Rede Eusumo.
Data: 28 de maio
Horario: De 10:00 a 12:30
Modalidade: Presencial
Lugar: Casa da Cultura de Xuño, Carrapatal, Porto do Son.
Obxectivos:
Dar a coñecer o cooperativismo, o funcionamento das cooperativas e as súas vantaxes en comparación con outros modelos de negocio.
Eliminar mitos e prexuízos sobre o cooperativismo e os procesos de traballo participativos.
Visibilizar como o emprendemento en cooperativa pode contribuír á mellora da empregabilidade e ao crece-mento profesional.
Contarase coa participación dunha experiencia cooperativa.
Dirixido a:
Ás persoas tanto desempregadas como emprendedoras, ou incluso ocupadas interesadas en coñecer a fórmula cooperativa e que poidan ter un potencial interese en desenvolver un proxecto de emprendemento cooperativo. Alumnado de centros formativos de ensinanza secundaria obrigatoria e postobrigatoria, alumnado universitario e de programas de emprego e formación.
Máis información: EUSUMO.GAL




Comments