Ir o contido principal
prostem25

Proxecto Impacto STEM

Os sectores STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas) ofrecen grandes posibilidades para afrontar os desafíos globais do presente e do futuro en múltiples ámbitos da nosa vida, desde o cambio climático, a innovación en saúde ou a sustentabilidade.

A promoción de estudos STEM en menores e novos é fundamental para fomentar o pensamento crítico, a creatividade e a resolución de problemas.
Ademais, ao incentivar a participación de todos os mozos, incluíndo grupos subrepresentados, contribúese a construír unha sociedade máis inclusiva e equitativa, preparada para o futuro.

O proxecto permitirache coñecer as posibilidades dos sectores STEM e aquelas estratexias educativas máis eficaces para promocionar estudos e profesións vinculados a estes sectores entre menores e novos, e para iso ofrecerache:
-Actividades prácticas adaptadas ás necesidades e intereses segundo niveis de idade:
12 - 15 anos
16 - 18 anos
-Un espazo web no que poderás atopar contidos que che permitirán achegarche ao coñecemento da realidade STEM e das súas posibilidades, así como apoio e acompañamento directo por parte de expertos especialistas na práctica educativa que che axudarán con estratexias efectivas para inspirar e guiar a estudantes cara ás carreiras STEM.
-Unha sesión de formación en liña que ofrecerá unha experiencia de impacto, para inspirarche, motivarche e axudarche á hora de implementar as actividades do proxecto, e propiciar o intercambio de experiencias entre educadores, orientadores e dinamizadores participantes, creando unha rede de apoio mutuo.

Nestas actividades traballarase, a través de accións de nivel diferenciado por grupo de idade:
-A identidade STEM: como as persoas ven a si mesmas en relación coas disciplinas e comunidade STEM.
-O capital STEM: os coñecementos, actitudes, experiencias, contactos persoais e recursos relacionados con STEM que se posúen.
-A autoeficacia STEM: crenza na propia capacidade para ter éxito en tarefas e actividades STEM.

Datas:
Sesión de formación en liña: martes 20 de maio ás 17 horas.
Proxecto: ata finais do ano 2025.

Máis información:
www.campusfad.org

 

Comments