Xoves de Achegas na Nave03 "LIKEA(TE): A túa beleza non precisa filtros"
A Rede Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña organizará no Espazo Xuvenil das Naves do Metrosidero - Nave 03 os " Xoves de achegas na Nave 03 Pílulas formativas" o xoves 29 de maio de 18:30 a 20:00 horas.
Unha actividade de aprendizaxe colaborativa sobre temas de interese, mediante dinámicas de experimentación en pequenos grupos.
A actividade reflexionará sobre o impacto que teñen as diferentes plataformas dixitais no noso benestar emocional.
Neste obradoiro compartirán información sobre a influencia das redes sociais nos estereotipos estéticos e a súa relación co xénero e a sexualidade, falarán sobre os cánones de beleza que impoñen as redes sociais, e entre todas e todos, identificaremos prácticas de autoafirmación, coidado colectivo e relacións respetuosas.
A actividade será dinámica e participativa, baseada no diálogo, a reflexión crítica e partirá das experiencias reais do grupo para conectar aprendizaxes co vivido.
Máis información:
www.coruña.gal




Comments