Ir o contido principal
so25cgac

SOLOS NO CGAC. Programa de concertos didácticos

Solos no CGAC é un ciclo de catro concertos ofrecidos por catro intérpretes: piano, voz, acordeón e percusión.

A proposta preséntalle ao alumnado —a partir do segundo curso da ESO— unha experiencia de inmersión no universo da música contemporánea escrita por grandes compositores e compositoras dos séculos XX e XXI.

A diferenza do que ocorre con agrupacións musicais máis grandes, os concertos a solo permiten introducirse na escoita dunha forma única, percibindo todas as posibilidades de comunicación e de expresión que é capaz de desenvolver un só instrumento.

Asistir a estes concertos axudará o alumnado a desenvolver a súa sensibilidade artística, a interactuar mellor coa música e a cultura do seu tempo, a ampliar a súa capacidade de concentración e a apreciar a creatividade dos e das intérpretes actuais.

Tamén lles brindará unha oportunidade para descubrir instrumentos e técnicas pouco habituais, que serán a través de exemplos previos a cada obra.

 
Programa

Luns 26 de maio, 11:00 h
Concerto de Alberto Rosado (piano)
Prazo de inscrición: do 6 ao 23 de maio

Mércores 1 de outubro, 11:00 h
Concerto de Helena Ressurreição (mezzosoprano)
Prazo de inscrición: do 15 ao 29 de setembro

Mércores 29 de outubro, 11:00 h
Concerto de María Zubimendi (acordeón)
Prazo de inscrición: do 2 ao 27 de outubro

Mércores 26 de novembro, 11:00 h
Concerto de Noè Rodrigo (percusión)
Prazo de inscrición: do 30 de outubro ao 24 de novembro


Destinatarios:
Grupos de escolares a partir de segundo da ESO

Inscrición:
Os centros interesados deberán enviar, nos prazos de inscrición indicados para cada concerto, unha mensaxe electrónica a cgac.prensa@xunta.gal cos seguintes datos: nome do centro, número de participantes, curso ou idade, número de teléfono, enderezo de correo electrónico e nome da persoa responsable do grupo.

As prazas cubriranse por orde de inscrición e os centros solicitantes recibirán unha notificación do estado da súa solicitude por correo electrónico.
 

Máis información:
cgac.prensa@xunta.gal

 

Comments