Ir o contido principal
BOLBRICO25

175 Bolsas para a formación de profesores de idiomas polo British Council 2025-2026

 

O British Council outorga 175 bolsas, desenvolvemento profesional continuo e £28,000 de financiamento para apoiar a persoas que queiran acceder á carreira docente.

Falantes competentes de francés, alemán ou español que estean interesados en formarse para ser profesores de idiomas nunha escola secundaria en Inglaterra e posúan habilidades suficientes en inglés para realizar un curso de formación docente en Inglaterra.

Para solicitar debes ter:
- un grao ou licenciatura cunha nota superior a 6 ou que vaias terminar con esa nota (aínda que tamén poden ser consideradas as inscricións con notas menores.
- ou un doutoramento ou máster relevante, ou equivalente recoñecido.
- tamén debes ter asegurada unha praza nun programa de formación de profesores de idiomas non retribuído en Inglaterra para o ano académico 2025/26 antes de setembro de 2025 dos considerados no programa.

Podes solicitar esta bolsa antes ou despois de asegurar a túa praza nun centro de formación.
Ten en conta que o British Council non é un provedor de initial teacher training (ITT) e solicitar a bolsa do British Council non che garante a túa praza cun provedor de formación docente, atopar praza nunha universidade ou college é a túa responsabilidade.
Podes buscar todos os cursos dispoñibles en Inglaterra utilizando esta base de datos, pero ten en conta que só os cursos de PGCE non remunerados que conducen a QTS son compatibles coa bolsa do British Council.
O número de prazas de formación dispoñibles cada ano é limitado.

Requisitos:
Sesións informativas
Podes obter máis información sobre a bolsa e como solicitala a través do equipo do British Council, coñecer máis sobre a docencia en Inglaterra cun asesor de Get Into Teaching e resolver calquera dúbida que teñas sobre a bolsa ou a formación de profesores de idiomas.
Ten en conta que os requisitos para candidatos internacionais abordaranse só o 29 de maio.

Tamén podes participar na nosa sesión de preguntas e respostas, onde os candidatos poderán resolver calquera dúbida que teñan sobre a bolsa, como solicitar praza nun centro de formación de profesores, como converterse en profesor de idiomas ou calquera outra inquietude.

Para candidatos internacionais: Xoves 29 de maio, de 17:30 a 18:30 (hora do Reino Unido)

Para candidatos do Reino Unido: Xoves 10 de xuño, de 17:30 a 18:30 (hora do Reino Unido)

Sesión de preguntas e respostas: Martes 3 de xuño, de 17:00 a 18:00 (hora do Reino Unido)

Convoca:
Brithis Council


Máis información:
Web informativa da convocatoria

 

 

Comments