Ir o contido principal
manuel lueiro

XXXII Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta

O Concello do Grove convoca o XXXII Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta, coa finalidade de honrar a memoria do escritor Manuel Lueiro Rey e, asemade, impulsar a escrita literaria en lingua galega e a divulgación das súas autoras e autores, a través dun convenio con Edicións Xerais de Galicia.

Poderá concorrer a e s t e premio calquera persoa física, excepto as persoas gañadoras das catro últimas edicións (XXVIII a XXXI), que presente o seu texto en lingua galega, conforme as normas ortográficas vixentes. 

O premio está dotado con 3.000 euros

O prazo de inscrición estará aberto dende o 22 de maio ata o 15 de setembro de 2025, incluído.

Os textos presentados, ademais de seren inéditos e totalmente orixinais, non poderán ter sido publicados ou divulgados, en todo ou en parte, por calquera medio físico ou electrónico.

Os textos presentados terán unha extensión mínima de cincuenta (50) páxinas e unha extensión máxima de cen (100) páxinas, tamaño folio DIN A4, de dous mil cincocentos caracteres cada páxina, aproximadamente, escritos en letra Arial, tamaño doce (12), espazamento entre liñas de 1,5 (espazo e medio) e as follas deberán estar paxinadas.

Máis información: BOP de Pontevedra do 21/05/2025

BASES

Comments