Premio Auditorio de Galicia para artistas noveis 2025
O Auditorio de Galicia convoca a décimo cuarta edición do Premio Auditorio de Galicia para artistas noveis 2025 co obxectivo de fomentar os valores culturais, promocionar e incentivar a creación e apoiar a difusión das súas obras.
Poderán participar artistas que nacesen ou residan en Galicia e sexan menores de 40 anos o 31 de decembro de 2025. A participación poderá ser individual ou como colectivo. Neste último caso todos os membros do colectivo deberán cumprir estes requisitos.
Cada artista ou colectivo pode participar cunha soa obra, que pode ser única ou unha serie, realizada en calquera tipo de técnica ou soporte (pintura, escultura, fotografía, vídeo, instalación...). As obras deben ser orixinais e inéditas.
As solicitudes presentaranse de xeito telemático na sede electrónica do Auditorio de Galicia, https://sede.compostelacultura.gal . A presentación por este medio producirá plenos efectos xurídicos, sempre que a solicitude sexa presentada dentro do prazo establecido e na plataforma citada. Non se terán en conta as solicitudes presentados noutros rexistros.
Prazo de envío de solicitudes: Dende o xoves 8 de maio até o venres 5 de setembro de 2025 ás 23.59 h.
Máis información: Auditorio de Galicia




Comments