Ir o contido principal
bolsaciqus25

Bolsas CIQUS 2025

O Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da USC (CiQUS) convoca a décima edición do seu programa de bolsas de verán ‘CiQUS Summer Fellowships’, ofrecendo 10 prazas dirixidas a estudantes de grao con experiencia en química ou estudos relacionados.

A convocatoria permite realizar prácticas formativas de iniciación á investigación neste centro singular de investigación durante o próximo mes de xullo.

Ao longo dun mes, do 1 ao 31 de xullo, o estudantado beneficiario das bolsas de verán do CiQUS aprenderá como utilizar modernos equipos e instrumentación sofisticada, traballando e vivindo nun ambiente estimulante de investigación na vangarda da química.
Tamén terán a oportunidade de participar nas actividades científicas do CiQUS, incluíndo os seminarios internos e o Programa de Conferencias impartido por persoal investigador internacional.

Cada unha das bolsas conta cunha dotación de 750 euros brutos, alén dunha para o estudantado, non residente en Santiago de Compostela, destinada á financiación dos custos de locomoción, cun importe máximo de 250 euros para a mocidade de fóra de Galicia e ata 80 para estudantes residentes noutros concellos de Galicia.

Para presentar unha candidatura requírese ter superado o 55% dos créditos dos estudos de grao en Química ou titulacións relacionadas (bioloxía, bioquímica, farmacia, ou física), cunha nota media igual ou superior a 8.

As persoas interesadas remitirán a documentación requirida a través da Sede Electrónica da Universidade de Santiago de Compostela, usando o correspondente formulario de solicitude, dirixido ao CiQUS antes do día 3 de xuño de 2025.

Máis información:
https://www.usc.es/ciqus/gl/emprego/summer2025

 

Comments