Bolsas de Colaboración en Departamentos universitarios _ 2025-26
A Secretaría de Estado de Educación convoca 2.431 Bolsas de Colaboración en Departamentos universitarios para o curso académico 2025-2026, que se destinan a facilitar a colaboración dos estudantes universitarios nos departamentos universitarios, en réxime de compatibilidade cos seus estudos, co fin de iniciarse en tarefas de investigación vinculadas cos estudos que están a cursar e facilitar a súa futura orientación profesional ou investigadora.
Beneficiarios.
Poderán solicitar bolsas de colaboración os estudantes universitarios que no curso 2025-2026 estean matriculados no último curso de estudos de Grao ou no primeiro curso dun #Máster universitario oficial e que, entre outros requisitos académicos, obtivesen como nota media nos seus estudos a que se sinala a continuación para cada unha das ramas de titulacións oficiais:
7,25 puntos para a rama de Enxeñería e Arquitectura ou Ensinos Técnicas
7,70 puntos para as ramas de Ciencias ou Ciencias Experimentais e para Ciencias Sociais e Xurídicas
7,80 puntos para a rama de Ciencias da Saúde e
8,00 puntos para a rama de Artes e Humanidades
A solicitude deberase cumprimentar mediante o formulario accesible por vía telemática a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes na dirección https://sede.educacion.gob.es no apartado correspondente a "Buscar trámites".
Características do programa.
Quen resulte beneficiarios da axuda deberán prestar a súa colaboración a razón de tres horas diarias durante sete meses e medio a contar desde a data de incorporación ao departamento correspondente como bolseiro de colaboración, nos termos recolleitos no proxecto de colaboración na universidade na que estean matriculados no curso 2025-2026.
A dotación da bolsa colaboración será de 2.000 euros. A concesión desta bolsa non conleva a exención do pago por parte do beneficiario dos prezos públicos por servizos académicos.
O prazo para a presentación de solicitudes empezará o día 11 de xuño ás 8:00 e finalizará o 16 de setembro de 2025, ambos inclusive.
Máis información: BOE DO 06/06/2025




Comments