Ir o contido principal
OBAUDVI25

Obradoiro audiovisual ‘Da idea á cámara’

O Concello de Vimianzo organiza o obradoiro ‘Da idea á cámara’, unha proposta formativa e creativa dirixida á mocidade que ten como obxectivo achegar o mundo do cinema dunha forma práctica, lúdica e participativa.
A actividade desenvolverase do 28 de xullo ao 8 de agosto, de luns a venres, en horario de 10:00 a 14:00 horas.

Ao longo de 10 sesións intensivas, as persoas participantes experimentarán todas as fases do proceso cinematográfico, desde a creación da idea ata a gravación final dunha curtametraxe colectiva.

As persoas participantes aprenderán as bases da narración audiovisual e asumirán distintos roles dentro dun proxecto común.
Deste xeito, preténdese estimular a cooperación e o respecto nunha contorna artística, fomentar a expresión artística e a imaxinación a través do guión, a caracterización e o deseño de escenas, potenciar a responsabilidade individual dentro dun proxecto colectivo e impulsar a confianza, a autoestima e o sentido do logro a través da creación, 100% propia, dunha obra común.

As prazas son limitadas e as inscricións poderán realizarse de maneira telemática ou presencial na Casa da Cultura desde o 19 ao 30 de xuño.

Comments