Ir o contido principal
REARCC25

Residencias ArtLab IGFAE | REGA 2025

A Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela convocan unha nova residencia artística impulsada para promover proxectos artísticos vinculados coa investigación científica.
Trátase da Residencia ArtLab IGFAE , que promoverá que un artista ou colectivo se integre na vida cotiá da Cidade da Cultura, así como do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías, centro de investigación mixto da USC e a Xunta.

A Residencia ArtLab completarase despois no Gaiás, onde contará tamén cun espazo de traballo e cos equipamentos, recursos técnicos e humanos da Cidade da Cultura.
Durante todo este tempo, beneficiarase, ademais, de asesoramento científico e artístico, mediante a colaboración co persoal investigador e da Cidade da Cultura, así como de profesionais con experiencia no comisariado e xestión de proxectos culturais.

Esta iniciativa está dirixida a persoas ou colectivos que desenvolvan o seu traballo en todo tipo de disciplinas artísticas (artes plásticas, fotografía, artes de acción, arte sonora, artes dixitais ou arte participativa, entre outras) e cuxas propostas procuran novas perspectivas nos campos da arte, da ciencia, da tecnoloxía e da sociedade, ben a través dunha obra totalmente nova ou da ampliación dun proxecto en curso.

Así, deberán enviar as súas candidaturas antes do 20 de outubro.
Unha vez elixido, o creador ou creadora recibirá unha achega de 8.000€ e aloxamento nunha residencia universitaria durante a estadía que se desenvolverá do 1 de febreiro ao 30 de abril.

Esta nova iniciativa encádrase nas liñas de apoio á creación do programa de Residencias Artísticas do Gaiás, un conxunto de actuacións promovidas pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude que só neste ano “beneficiarán a máis de 150 creadoras e creadores e ao redor de 40 técnicos de áreas artísticas diversas”, lembrou o representante da Xunta.

Máis información:
www.cidadedacultura.gal

 

Comments