Bolsas de formación nos sistemas informáticos, centros docentes e de investigación, unidades e áreas.
A Universidade de Vigo convoca estas bolsas que teñen por obxecto fomentar unha mellor formación teórica e práctica do estudantado, colaborando en actividades vinculadas á titulación na que se matricula, en réxime de compatibilidade cos seus estudos.
Requisitos:
Bolsas de formación en Sistemas Informáticos:
-A persoas debe estar matriculada en centros propios da UVigo no curso 2025/2026 e durante todo o período de duración da bolsa, nas titulacións oficiais de grao ou máster universitario sinaladas no anexo II, no campus en que se opta á bolsa. Para estes efectos terase en conta o estado da matrícula a día 16 de setembro de 2025.
Bolsas de formación en unidades e áreas:
-Estar matriculado en centros propios no curso 2025/2026 e durante todo o período de duración da bolsa, nas titulacións oficiais de grao ou máster universitario sinaladas no anexo II, no campus en que se opta á bolsa. Para estes efectos terase en conta o estado da matrícula a día 16 de setembro de 2025.
Bolsas de formación en Centros Universitarios:
-Estar matriculado en centros propios no curso 2025/2026, durante todo o período de duración da bolsa, nas titulacións oficiais de grao ou máster universitario sinaladas no anexo II, no campus no que se opta á bolsa. Para estes efectos terase en conta o estado da matrícula día 16 de setembro de 2025.
Dotación:
400€/mes para as bolsas de 15 horas e 265 €/mes para as bolsas de 10 horas.
Máis información:
Servizo de Axudas ao Estudo, Bolsas e Prezos Públicos da UVigo
Edificio Exeria. As Lagoas - Marcosende. 36310- Vigo (Pontevedra)
986 814 094
bolsasformacion@uvigo.gal
www.uvigo.gal




Comments