Ir o contido principal
AXDI25

Axudas doutoramento industrial

No Diario Oficial de Galicia convocase a quinta edición do programa Doutoramentos Industriais, dotado con máis de 2,6M€ para apoiar a contratación de 15 estudantes en empresas e centros tecnolóxicos nos que desenvolverán a súa tese doutoral.

Este programa permite deseñar e realizar a tese doutoral nunha contorna empresarial, orientando o proxecto de investigación á resolución das necesidades e problemas dunha empresa ou centro tecnolóxico, en colaboración coas universidades públicas galegas que se encargarán da formación investigadora da persoa doutoranda.

Deste xeito, os Doutoramentos Industriais favorecen a investigación colaborativa, o que posibilita a transferencia de coñecemento. Ademais, tamén posibilita a incorporación de persoal doutor ás empresas unha vez que remate a duración destas axudas, impulsando así a retención e atracción de talento investigador.

Entre os requisitos para optar á convocatoria, os aspirantes deberán matricularse nun programa de doutoramento dunha universidade pública galega e ter unha persoa directora da tese vinculada ao programa. As axudas inclúen tanto os custos de contratación, gastos relacionados co proxecto no ámbito da empresa ou centro tecnolóxico e apoios para a realización de estadías de tres meses no estranxeiro como gastos relacionados co desenvolvemento do proxecto e o custo da matrícula.

Máis información:
DOG
Sede Electrónica

Comments