Axudas a estudantado refuxiado ou solicitante de protección internacional "Abriga UDC"
A Universidade da Coruña convoca o programa "Abriga UDC, bolsas de apoio ao estudantado matriculado ou que dexese matricularse na UDC e que, estando en posición do estatus de refuxiado/a ou de solicitude de asilo, precise axudas para a continuidade ou o inicio de estudos e cumpran os requisitos establecidos na convocatoria.
Requisitos:
Estudantado estranxeiro de fóra da Unión Europea, cos requisitos académicos necesarios para cursar un grao, posgrado ou doutoramento e que cumpran os seguintes requisitos:
-Persoas beneficiarias na edición 2024/2025 desta convocatoria de Axudas ABRIGA que continúen eses mesmos estudos na UDC
-Persoas refuxiadas ou solicitantes de protección internacional, apátridas ou beneficiarias de protección subsidiaria.
-Persoas con autorización de residencia temporal por circunstancias excepcionais por razóns humanitarias.
-Persoas nacionais dalgún país que reciba Axuda Oficial ao Desenvolvemento.
-Persoas que proveñan de áreas xeográficas en conflito.
-Persoas que estean en situación de necesidade económica, que lles imposibilite facerse cargo dos costes de matrícula, e/ou aloxamento, e/ou materiais. Estando esta circunstancia avalada por algunha das entidades con convenio coa UDC ou polos servizos sociais dalgún concello para a realización das accións recollidas nesta convocatoria
-Para estudantado de grao, estas axudas poderanse solicitar de maneira consecutiva por un máximo de 5 anos, agás no caso de aquelas carreiras estruturadas en máis tempo. No caso de estudos de máster, o período de continuidade será de ata 2 anos (e excepcionalmente 3 anos, cando o máster estea dividido en 2 anos) e no caso de estudos de doutoramento, de ata 4 anos
-Presentar a solicitude dirixida á Oficina de Cooperación e Voluntariado (ocv@udc.es), no rexistro electrónico da UDC ou por calquera dos medios sinalados na Lei 39/2015, de 1 de outubro.
Dotación:
As axudas ofrecidas quedan enmarcadas nas siguientes modalidades, puidéndose elixir máis dunha opción:
-Taxas e prezos públicos da matrícula completa ou parcial do curso correspondente na UDC
-Taxas de expedición de títulos.
-Aloxamento nas residencias universitarias no caso de non ter cubertas estas necesidades por outros medios (2 prazas na residencia Elvira Bao da Coruña, e 2 prazas na residencia Universitaria Pública de Ferrol, ampliables segundo a dispoñibilidade orzamentaria e a situación que o xustifique).
-Atención psicolóxica no programa Afrontemos da Universidade da Coruña.
-Axudas económicas, para o estudantado matriculado no curso 2025/26, coa finalidade de garantir a igualdade de oportunidades daquelas persoas pertencentes aos colectivos definidos da convocatoria e nos seus anexos.
O importe de cada axuda ascende a novecentos euros (900 €), que se aboarán en 3 pagamentos.
Máis información:
Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC
Facultade de Socioloxía, planta 1º - Campus de Elviña (15071 - A Coruña)
981 167 000
ocv@udc.gal
https://www.udc.es/gl/ocv/cooperacion/Axudas-Refuxo/




Comments