Ir o contido principal
festival allariz

Festival Internacional de Xardíns de Allariz

Data: Ata o 31 de outubro de 2025

Baixo o lema “Cambio climático, unha oportunidade para o xardín”, a edición deste ano propón unha reflexión colectiva sobre como os espazos verdes poden contribuír a mitigar e adaptarse á emerxencia climática. O festival convida a repensar o deseño paisaxístico como unha ferramenta activa na loita contra o cambio climático, sen renunciar á creatividade e a expresión artística.

Nesta edición participan equipos procedentes de Las Palmas de Gran Canaria, Madrid, Ourense, Allariz, #Ecuador, Uruguai, México, Bolivia e Austria, o que consolida o carácter internacional do festival e a súa capacidade de atraer propostas con perfís diversos e unha mirada global sobre os retos ambientais e paisaxísticos actuais.

Máis información: 

Ocio en Galicia 

 

 

Comments