Concertos do Xacobeo
Neste 2025, regresan os Concertos do Xacobeo, un programa amplo e plural que apoia aos principais eventos musicais de Galicia e que, ano tras ano, aposta por situala como un dos destinos referentes para os públicos coas preferencias culturais máis esixentes e diversas.
Rock, pop, heavy, electrónica, jazz, funk, fusión e unha ampla gama de estilos musicais para todos os gustos encherán de sons e sensacións Galicia ao longo de todo o ano, da man de citas de referencia do calendario musical como O Son do Camiño, o Gozo Festival, o Resurrection Fest, Portamérica, Jaleo, Río Verbena, Morriña e moitos outros eventos singulares que dotan de identidade á nosa terra. Máis de 700 figuras imprescindibles da música actual galega, nacional e internacional non faltarán á súa cita cos Concertos do Xacobeo neste 2025.




Comments