Curso de prevención de riscos laborais en actividades de tempo libre
O ISSGA, en colaboración coa EGAP, organiza unha nova edición do curso Prevención de riscos laborais en actividades de tempo libre (nivel básico) en liña, dirixido a persoas con interese no ámbito do tempo libre, monitorado, voluntariado e información xuvenil.
Datas:
Dende o 23/09/2025 ata o 21/11/2025
Requisitos:
Non se require titulación específica, pero terán preferencia:
-Persoas con título de monitor/a ou director/a de tempo libre
-Persoas con carné xove
-É necesario enviar a documentación xustificativa a issga.cursoprl@xunta.gal dentro do prazo de inscrición.
Máis información:
Escola Galega de Administración Pública (EGAP)
R/ de Madrid, 2, 15707. Santiago de Compostela
Tel.: 981 546 040 / 981 182 329
issga.cursoprl@xunta.gal




Comments