Axudas para a compra de material escolar en Coristanco – Curso 2025/2026
O Concello de Coristanco abre a convocatoria de bolsas para a compra de libros, material escolar, roupa e calzado deportivo destinadas a familias con nenos e nenas matriculados en Educación Infantil, Primaria ou ESO nos centros públicos do municipio.
🔹 Quen pode solicitalas?
-
Familias con menores empadroados en Coristanco.
-
Que cumpran os límites de ingresos establecidos nas bases.
🔹 Contía da axuda
Ata 100 € por alumno/a, segundo ingresos e número de membros da unidade familiar.
🔹 Prazo de solicitude
10 días hábiles desde o día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no BOP da Coruña (26/08/2025).
🔹 Como solicitar
-
Presentación preferente a través da Sede Electrónica municipal 👉 www.coristanco.gal
-
Débese cubrir unha solicitude por cada menor.
🔹 Documentación necesaria
-
DNI da persoa solicitante.
-
Libro de familia.
-
Declaración da renda 2024 ou xustificante de non presentala.
-
Certificado de empadroamento (se non se autoriza a consulta).
ℹ️ Máis información e bases completas dispoñibles na Sede Electrónica do Concello de Coristanco e no BOP da Coruña.




Comments