O ceo está máis preto do que pensas
Cando:
Os días 28/06/2025, 26/07/2025, 30/08/2025, 27/09/2025
Horario:
Ás 11.30 h (Ceo para informados) e ás 13.00 h (Ceo do mes)
Enderezo:
Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña
Prezo:
A entrada é gratuíta, pero é necesario retirar unha invitación na recepción da Casa das Ciencias.
As invitacións repártense (máximo de dúas invitacións por persoa) media hora antes do inicio de cada sesión, ata completar a capacidade.
- Ás 11.30 horas: O ceo para informados. Sesión en directo para maiores de 14 anos, destinada a un público afeito a observar o ceo nocturno e con coñecementos previos, cunha Postal planetaria a cargo de Borja Tosar, astrofísico colaborador dos Museos Científicos Coruñeses.
- Ás 13.00 horas. O ceo do mes. Sesión en directo para maiores de 10 anos destinada a lle mostrar os detalles do ceo do mes entrante ao público principiante.




Comments