O Concello de Rianxo convoca axudas para material escolar, deportivo e dispositivos electrónicos no curso 2025-2026
O Concello de Rianxo vén de aprobar, mediante acordo da Xunta de Goberno Local do 22 de agosto de 2025, a convocatoria de axudas dirixidas ás familias con fillos e fillas en idade escolar. O obxectivo é apoiar na adquisición de dispositivos electrónicos, material escolar e roupa e material deportivo para o curso académico 2025-2026.
Quen pode solicitalas?
As axudas están destinadas a familias con nenos e nenas empadroados en Rianxo que cursen Educación Infantil ou ensino obrigatorio en centros educativos do municipio. Os ingresos económicos da unidade familiar non deben superar o 1,5 do IPREM, cun incremento do 10% en determinados casos previstos nas bases.
Que conceptos se subvencionan?
-
Educación Infantil: material escolar e roupa/material deportivo.
-
Ensino obrigatorio: dispositivos electrónicos (ordenador, portátil, tablet, impresora, etc.), material escolar e roupa/material deportivo para a actividade de Educación Física.
Contía das axudas
O importe total da convocatoria ascende a 5.000 €, distribuídos en:
-
2.000 € para dispositivos electrónicos.
-
3.000 € para material escolar e roupa/material deportivo.
Límites individuais:
-
Dispositivos electrónicos: ata o 75% da factura, cun máximo de 300 €.
-
Material escolar: ata 50 €.
-
Roupa e material deportivo: ata 75 €.
Prazos e presentación
O prazo de presentación das solicitudes será de 15 días hábiles contados desde o día seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (28 de agosto de 2025).
As solicitudes deben tramitarse a través da sede electrónica do Concello de Rianxo ou no Rexistro Xeral municipal.
Criterios de valoración
Teranse en conta factores como a renda per cápita, o número de membros da unidade familiar, as condicións familiares e a situación da vivenda.
BOP CORUÑA Nº 163 - Xoves, 28 de agosto de 2025




Comments