O Concello de O Pino convoca axudas para estudantes universitarios e de ciclos formativos de grao superior
O Concello de O Pino vén de abrir o prazo para solicitar as axudas destinadas a estudantes universitarios e de ciclos formativos de grao superior correspondentes ao curso académico 2025/2026.
Estas bolsas, aprobadas pola Xunta de Goberno Local na sesión do 19 de agosto de 2025, teñen como finalidade apoiar ás familias do municipio no financiamento dos gastos de matrícula, residencia e material escolar.
Beneficiarios
Poderán acceder a estas axudas os mozos e mozas empadroados/as en O Pino cunha antigüidade mínima dun ano que estean matriculados/as en:
-
Estudos universitarios oficiais de Grao ou Máster (non doutorado).
-
Ciclos formativos de grao superior.
Ademais, deberán cumprir os límites de renda establecidos nas bases, non ter débedas co Concello e estar ao día coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
Importe das axudas
O Concello destinará un total de 3.000 €, que se repartirán en dez bolsas de 300 € cada unha, priorizando ás persoas solicitantes con menor renda familiar.
Prazos e presentación de solicitudes
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 15 de outubro de 2025.
As persoas interesadas deberán cubrir o modelo oficial e entregalo no Rexistro Xeral do Concello de O Pino ou a través das canles previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Máis información
As bases completas poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña número 161, do 26 de agosto de 2025, así como na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS Identif.: 853319 )




Comments