Ir o contido principal
estudio

Bolsas de formación, dirixidas a persoas cun título universitario, para a realización de prácticas en materia de políticas e programas europeos no ámbito da innovación e a investigación.

Requisitos: 

1. Ter a nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea.

2. Ser natural de Galicia, ser fillo/filla de galegos ou acreditar a residencia en Galicia mediante empadroamento.

3. Posuír o título universitario oficial de grao, licenciatura, enxeñaría ou equivalente, ou o xustificante do pagamento das taxas que dan dereito á expedición do dito título. Os estudos conducentes á obtención do título deberán ter rematado dentro dos seis anos anteriores ao da publicación da convocatoria.

4. Posuír un nivel B2 ou superior en lingua inglesa.

5. Posuír a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións que deriven do obxecto desta bolsa.

6. As persoas solicitantes non poden estar incursas nas prohibicións para obter a condición de persoa beneficiaria.

7. Non ter desfrutado anteriormente doutra bolsa da FGE en convocatorias anteriores, excepto que na convocatoria do ano inmediatamente anterior fose chamado da listaxe de suplentes e desfrutase da bolsa por un período de tempo non superior a tres meses.

Prazo: 

Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Máis información: 

DOGA

Comments