Ir o contido principal
formacion

Youth Community Manager

Este proxecto busca formar a mozos e mozas como axentes de cambio social nas súas comunidades locais, promovendo competencias en liderado, participación cívica, emprendemento social e inclusión, con especial atención ás zonas rurais e periféricas.

Na Coruña participarán 15 mozos e mozas de entre 19 e 25 anos, priorizando a aqueles/as que estean en situación de vulnerabilidade ou con menos oportunidades. Terán a ocasión de participar nun intercambio internacional con mozos e mozas italianos, que visitarán A Coruña en outubro (3ª ou última semana) para un programa de formación de 6 días, con gastos parcialmente cubertos por fondos europeos.

Máis información: 

Formulario de inscrición

www.cre-job.com

Correo: m.ucha@cre-job.com

Teléfono: +34 981 26 03 65 /678711856 (Whatsapp)

Comments