Ir o contido principal
premios

Convocatoria de Premios Fin de Carrera para Ensinanzas Artísticas Superiores (curso 2024/25)

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia ven de convocar os Premios Fin de Carrera da Comunidade Autónoma de Galicia dirixidos ao alumnado que rematou os seus estudos de ensinanzas artísticas superiores durante o curso académico 2024/25, en centros públicos dependentes da Xunta de Galicia, tal como recóllese na Orde do 26 de agosto de 2025, publicada no DOG Núm. 174 do 10 de setembro de 2025.

Obxecto e finalidade

O obxecto desta convocatoria é establecer as bases reguladoras e outorgar premios en réxime de concorrencia competitiva como recoñecemento ao alumnado con traxectoria académica excelente nas ensinanzas artísticas superiores.

Orzamento e dotación dos premios

  • Dotación total: 21 000 €, fondos asignados á aplicación orzamentaria 07.04.422M.480.4 dos orzamentos xerais de 2025.

  • Distribución:

    • Ata 6 premios, repartidos de la seguinte forma:

      • 1 en Arte Dramática

      • 1 en Conservación e Restauración de Bens Culturais

      • 2 en Deseño

      • 2 en Música

    • Cada premio ten unha dotación máxima de 3 500 € e un diploma acreditativo.

Requisitos das persoas solicitantes

Para poder optar ao premio, o alumnado debe:

  • Ter finalizado os estudos (Grau en Ensinanzas Artísticas Superiores) no curso 2024/25 nun centro público da Xunta de Galicia.

  • Que o Traballo Fin de Estudos (TFE) fose presentado e defendido entre o 1 de setembro de 2024 e o 31 de agosto de 2025.

  • Haber obtido unha nota media no expediente académico igual ou superior a 8,5000, sen arredondamento.

Presentación de solicitudes

  • As solicitudes deben presentarse obrigatoriamente por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

    • En caso de presentación presencial, requirirase aos interessados para que corrixan mediante envío electrónico.

  • Prazo: 1 mes contado dende o día seguinte á publicación da convocatoria no DOG; se o último día é inhábil, prórgase ao seguinte hábil.

Documentación complementaria e tramitación

Solicítase achegar documentación adicional como acreditación de representación (se corresponde), certificados académicos (nota media, créditos, data do TFE), e certificados fiscais e de Seguridade Social. Nos casos de oposición, posibilidade de consulta automática e, se fose necesario, deberase presentar copia electrónica.

  • Todos os trámites posteriores á presentación da solicitude tamén se realizarán por vía electrónica, a través da Carpeta cidadá.

Proceso de selección e criterios de desempate

  • A selección basearase exclusivamente na nota media superior do expediente académico en cada modalidade.

  • En caso de empate: aplicarase os seguintes criterios en orde:

    1. Haber obtido premio extraordinario nas ensinanzas cursadas.

    2. Maior número de matrículas de honra.

    3. Maior número de sobresalientes.

    4. Maior número de notables.

    5. Menor número de suspensos.

Resolución, publicación e recursos

  • A resolución dos premios será adoptada pola Dirección Xeral de Formación Profesional, por delegación do conselleiro.

  • O prazo máximo para resolver é de 3 meses desde o remate do prazo de solicitudes. Transcorrido este sen resolución, pódese entender denegada por silencio administrativo.

  • A listaxe definitiva de beneficiarios e contías publicarase no DOG e na web da Consellería (www.edu.xunta.gal).

  • Os interesados poden interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ou contencioso-administrativo no prazo de dous meses dende a publicación da resolución no DOG

Comments