Ir o contido principal
nacemento

Ordes abre a convocatoria de axudas a prol da natalidade 2024

O Concello de Ordes publica as bases reguladoras da convocatoria de axudas a prol da natalidade, dirixidas a apoiar ás familias do municipio e contribuír a fixar poboación, evitando o despoboamento.

Poderán ser beneficiarios os pais ou nais empadroados en Ordes que tivesen ou adoptasen un fillo/a entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2024, sempre que cumpran requisitos como:

  • Estar empadroados no municipio cunha antelación mínima de 6 meses á data do nacemento ou adopción.

  • Inscribir ao menor no padrón municipal.

  • Comprometerse a residir en Ordes durante, polo menos, tres anos tras o nacemento ou adopción.

A contía das axudas será de 250 euros por cada fillo/a nado/a ou adoptado/a, e de 300 euros no caso de discapacidade do menor.

As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Ordes ou polos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, acompañadas da documentación requirida. O prazo de presentación é de un mes dende o día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

A convocatoria conta cunha dotación orzamentaria de 24.000 euros, e é compatible con outras axudas coa mesma finalidade.

Máis información e acceso ao texto completo das bases na web do Concello de Ordes e na Base de Datos Nacional de Subvencións.

BOP CORUÑA

Comments